Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2018 | Actualizada ás 13:07
Un novo lume declarouse este luns en Galicia, cun incendio activo no municipio lucense en Pedrafita do Cebreiro, que queima polo momento unhas cinco hectáreas.
Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, o lume declarouse ás 3,19 horas da madrugada deste luns na parroquia de Lousada.
Nas tarefas de extinción traballan seis helicópteros, dous avións, cinco motobombas, 18 brigadas, dous axentes e unha pa, entre outros medios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.