A Fegamp pide a Feijóo "contrapartidas" para o pacto sobre a auga

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, respondeu así ao ofrecemento do presidente da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, respondeu ao ofrecemento do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que a Fegamp "sempre" estivo "polo labor" de alcanzar un pacto da auga, pero advertiu de que "ten que haber contrapartidas".

Alfredo García, presidente da FEGAMP / FEGAMP Alfredo García, presidente da FEGAMP / FEGAMP
Alfredo García, presidente da FEGAMP / FEGAMP Alfredo García, presidente da FEGAMP / FEGAMP

Preguntado por un dos anuncios que realizou Feijóo no transcurso do seu discurso no debate de política xeral que acolle esta semana o Parlamento de Galicia, García lembrou que até agora foi "imposible" lograr ese acordo, a pesar das negociacións coa anterior conselleira.

"Para chegar a acordos, as dúas partes teñen que ceder. Así que veremos a ver se hai a flexibilidade que non houbo antes", destacou o responsable da Fegamp. Núñez Feijóo propuxo un modelo "semellante ao de Sogama", para a xestión de residuos, pero para a auga, é dicir, un "modelo que garanta un único sistema de subministración e de tarifas para toda Galicia".

En canto á redución do recibo do lixo un 10%, Alfredo García sinalou que ese acordo se produciu no seo de Sogama e que desta maneira contrarréstase a subida "tan brutal" de máis do 30% que se acometeu no seu día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta