Feijóo pide "entender" o Xacobeo 2021 como os Xogos de Barcelona ou a Expo de Sevilla

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pide "entender" o Xacobeo 2021, "unha oportunidade histórica", como "o que foron para Barcelona" os Xogos Olímpicos ou a "Expo para Sevilla" e apostou por "deseñalo entre todos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pide "entender" o Xacobeo 2021, "unha oportunidade histórica", como "o que foron para Barcelona" os Xogos Olímpicos ou a "Expo para Sevilla" e apostou por "deseñalo entre todos".

Feijóo no debate do estado da autonomía 2018g
Feijóo no debate do estado da autonomía 2018g

Na súa intervención durante o debate de política xeral, destacou que a celebración do próximo Ano Santo será "un proxecto aberto" a todos os partidos con representación na Cámara, aos que propuxo crear un grupo de traballo para que trasladen as súas achegas.

Nesta liña, pediu a implicación do Goberno central na súa organización e avanzou que a Xunta tamén porá en marcha 'O teu Xacobeo', para que todos os galegos fagan as súas propostas para esta celebración.

Todo iso nun discurso no que destacou que Galicia conta cun sector cultural que dá emprego a uns 30.000 profesionais, que se verán representados na primeira Estratexia da Cultura Galega, que se presentará nas próximas semanas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Leike

E a Galicia que el deixa queimar como uns fogos de artificio e unha lumerada de festa.