O presidente portugués dá exemplo ao seu pobo arrincando eucaliptos para plantar carballos

O Presidente da República de Portugal non tivo problemas en poñer luvas e arrincar eucaliptos xunto co ministro da Planificación e das Infraestruturas, pedro Marques, e un alcalde.

Por Galicia Confidencial | Lisboa | 17/10/2018 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, tivo un xesto que está dando a volta ao mundo. Durante unha acción de limpeza e de plantación de especies autóctonas no monte da nosa Señora do Castelo, en Vouzela, o político lugo non tivo problema en poñer unhas luvas e axudar a arrincar eucaliptos para plantar carballos. Un xesto que en Galicia sería moi difícil de imaxinar por parte do actual presidente da Xunta. 

O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, arrincando eucaliptos
O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, arrincando eucaliptos | Fonte: RTP

"Estamos nesta acción de hoxe precisamente porque estamos preocupados. A natureza fixo irromper outra vez eucaliptos por todas  partes, quere aquí, quere na área afectada en xuño", dixo aos xornalistas. A pesar de estaren de traxe, Marcelo Rebelo de Sousa, o ministro da Planificación e das Infraestruturas, Pedro Marques, e o alcalde de Vouzela, Rui Ladeira, calzaron as luvas e comezaron a arrincar eucaliptos.

"Ministro, probe mellor a ver se arrinca á dereita ou á esquerda", dixo Marcelo Rebelo de Sousa a Pedro Marques, obtendo a resposta: "dáme sempre máis xeito á esquerda". O Presidente da República foi subindo o monte e arrincando enerxicamente os eucaliptos, até que chanceou "a miña dereita está máis forte do que a miña esquerda".

Rui Ladeira, que é enxeñeiro forestal, considerou que accións como como estas son fundamentais. "Estarmos aquí a arrincar os eucaliptos e, á súa vez, substituír e colocar especies autóctonas, como carballo, sobreira e castañeiro. É un sinal daquio que debe ser o camiño que debemos facer para o futuro?, defendeu.

Podes ver o vídeo aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 eusi

Feijojojo tamén foi apagar o lume nunha carballeira cos seus zapatitos náuticos e chaquetita de mariño-botons dourados. Moito mellor có portugués, onde vai parar!

5 Xose

Non estaba vestido moi pola labor, co traxe e garavata. Sempre se aproveitan para facer a foto coma o 'noso' mangueritas. A ver para cando saen co mono de traballo e as luvas. Valorable o xesto do presi, eso sí.

4 ddt

Fai ben arrancalos, os que non produzan eles, producirémolos nosoutros..

3 outromais

Este é un xefre de estado e non o outro ao que un rapaz lle da unha vasoira e fuxe dela coma do lume

2 Toño

Galicia é un eucaliptal para maior gloria das papeleiras. A política forestal da Xunta vai contra de toda lóxica e a favor dos especuladores da paisaxe.

1 Ricardo

E os galegos queren duas concas do mesmo eucaliptador, o padriño e ence, audasa e dos narcos...