Reaccións ao peche de Alcoa

Galicia e Asturias farán fronte común contra a medida adoptada pola empresa. Feijóo critica a xestión do Goberno central, que se confesa "sorprendido" pola decisión da multinacional, e CCOO non comprende o peche dunha factoría "que está a dar beneficios".

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 17/10/2018 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Sucédense as reaccións políticas e sindicais ao peche da factoría de Alcoa na cidade da Coruña. Unha nova que semella que colleu por sorpresa a todos. Esta é a cronoloxía das reaccións inmediatas ao anuncio da multinacional.

Primeiros minutos da concentración diante de Alcoa na Coruña
Primeiros minutos da concentración diante de Alcoa na Coruña | Fonte: CCOO

13:50h - O sindicato CCOO non entende esta medida, xa que "a fábrica está a dar beneficios". O sindicato e os traballadores mobilizaranse en defensa dos postos de traballo. Neste mesmo momento estanse a concentrar diante da factoría para impedir a saída de camións con materia prima".

13:55h - O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou a xestión do Goberno central e que non gastase a partida económica reservada nos orzamentos xerais de 2018 para empresas electrointensivas, tras o anuncio do peche das plantas de Alcoa na Coruña e en Avilés.

14:15h - Os gobernos de Asturias e de Galicia tentarán  buscar unha solución "conxunta" ante o anuncio de peche das fábricas de Alcoa en Avilés e A Coruña. Neste sentido, está previsto que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o do Principado, Javier Fernández, se reúnan esta semana.

15.34h - O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo traslada a súa sorpresa e preocupación pola decisión de Alcoa xa que, segundo sinala, a empresa "nunca informara de que podía adoptar unha decisión neste sentido" nas reunións mantidas no últimos tres meses.

15.39h - O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reclama á Xunta e ao Goberno central "unha fronte común" para evitar o peche da planta de Alcoa na cidade. Avanza a súa intención de porse en contacto co conselleiro de Industria e coa ministra, ademais de con os traballadores, após facelo xa co director da factoría na Coruña.

15.43h - A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclama ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se poña á fronte da negociación con Alcoa para evitar o peche da planta da Coruña e garantir o cento por cento do emprego.

16.08h - Os traballadores da planta de Alcoa da Coruña avanzan mobilizacións contra o anuncio do peche desta factoría, á vez que chaman ás administracións públicas a buscar "solucións" para manter o emprego dos 369 empregados da fábrica. Juan Paseiro, delegado de UGT en Alcoa A Coruña, emprazou o Goberno central e a Xunta a "presionar a Alcoa" para que retire o expediente de despedimento colectivo e para ver a "mellor forma de facer viable" esta fábrica.

16.46h - Os socialistas coruñeses solicitan ao Goberno central —do PSOE— "medidas" que impidan o peche da planta de Alcoa, tras o anuncio realizado a este respecto pola empresa. Tanto a Agrupación Socialista coruñesa como o grupo municipal culpan o goberno do PP da actual situación, que vinculan tamén co "encarecemento da electricidade no últimos seis anos".

20.08h - A portavoz de Ciudadanos, Olga Louzao, mostrou este mércores o seu rexeitamento ao peche da fábrica de Alcoa na Coruña, á vez que fixo un chamamento á "unión" ante a perda de postos de traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Xesús Ateo Recalcitrante

Menudo sen-vergoña que é o Feijóo. Os orzamentos 2018 redactóunos o goberno do seu correligionario Mariano Rajoy, e ao actual non lle quedou máis remedio que tragalos. O de sempre: o que fan eles (sempre mal) atribúenno aos demais. Impresentábeis.

1 Filomeno R.

Años de reparto de subvenciones para los amiguetes de las energías renovables y el carbón, trato de favor a las eléctricas, con el resultado de tener las tarifas eléctricas más caras de Europa; subida espectacular de impuestos a todo lo que se mueve por el tandem Sánchez-marques de Galapagar dan este inevitable resultado. Ahora a protestar, que seguro que es así como se crean empleos.

1 paletismo ilustrado¡¡¡¡

Te recuerdo que el marqués ese acaba de llegar a la mesa y los que llevan 40 años de mamandurrias son 2 partidos eso si colocando a todo dios en consejos de admon, banca. etc etc. Este es un pais mísero con gobernantes míseros y una sociedad mísera. Por ciero en Galicia la electricidad, que tantos problemas da a estas empresas y otras fuentes de energía, debería ser de las energías más baratas del estadito este en el que moramos y ni siquiera tenemoos una empresa gallega productora y exportadora decente. Alcoa es solo el principio es insostenible vivir de funcionariado sin un sistema de crecimiento claro en el sector privado. eso si ahora todo dios, y no lo digo por usted sino por lo que se oye, a hablar del coletas, vaya payasada.