Onde están os 580 millóns que a Xunta lle recurtou aos funcionarios?

Un informe elaborado por CSIF evidenciáronse diferenzas salariais entre os traballadores públicos das distintas autonomías de entre 1.776 euros e 6.185 euros.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/10/2018 | Actualizada ás 08:15

Comparte esta noticia

Onde están os 580 millóns que a Xunta lle recurtou en masa salarial aos 86.000 aos empregados públicos desde 2011?. Esa foi a pregunta que o sindicato CSIF fixo na Mesa Xeral de Empregados Públicos deste mércores.  Quería saber onde foi o complemento específico das pagas extraordinarias ou equivalentes durante os anos 2013 a 2016, así coma o Fondo de Acción Social desde o ano 2011. 

Concentración de funcionarios na explanada da Xunta en San Caetano
Concentración de funcionarios na explanada da Xunta en San Caetano | Fonte: EP

Na xuntanza deste mércores abordáronse os anteproxectos na Lei de Medidas en materia de persoal e o de Orzamentos para 2019, e foi aí onde o CSIF preguntou pola media de 6.000 euros de recorte na nómina de cada empregado público ao eliminarse o complemento autonómico desde 2013 a 2016,  así como os 8 millóns que recortou cada ano desde 2011 a 2018, ambos os dous incluídos, no Fondo de Acción Social.

DIFERENCIAS SALARIAIS

“O Director Xeral de Orzamentos foi incapaz de dar unha resposta, só a calada por resposta”, indicou o sindicato nun comunciado. CSIF lembrou que estes recortes supuxeron aumentar a enorme fenda salarial dos empregados públicos de Galicia respecto do doutros CC.AA, de tal maneira que no caso, por exemplo, dos funcionarios da Administración Xeral de Galicia, chegan a cobrar até un 53,7% menos que os seus homólogos. Nun estudo comparativo de Galicia con 12 CC.AA elaborado por CSIF, evidenciáronse diferenzas salariais de entre 1.776 euros e 6.185 euros.

O sindicato sostivo ademais, que a Xunta foi a única comunidade autónoma que aplicou recortes superiores aos impostos pola Administración Central, xa que mentres noutras CCAA conxeláronse só as retribucións básicas (salarios e trienios) para non castigar aínda mais aos seus empregados públicos, a Xunta tamén recortou as retribucións complementarias para “vender a fama de bo xestor do presidente da Xunta”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta