Polo dagora todo vai ben, polo dagora todo vai ben...

Durante os días seguintes á noite eleitoral do 22 de maio non fun capaz de tirar da cabeza, ao escoitar as declaracións da corrente maioritaria do BNG, o comenzo da película de Mathieu Kassovitz, “O Odio”, rodada en 1995.

Por Emilio Martinez | Vigo | 31/05/2011

Comparte esta noticia

“Polo dagora todo vai ben” é a frase que recita o protagonista do filme nun pesadelo no que cae dende a azotea dun rañaceos. “Polo dagora todo vai ben”, “Polo dagora todo vai ben”, mentras cae e cae.

Os magros resultados eleitorias do 22-M deberían ser suficintes para que a esquerda nacionalista se decatara que é o momento de facer unha análise seria da situación e do futuro, máxime cando o futuro está ás portas. O BNG perde mais de 55.000 votos, arredor dun 17% dos votos acadados no ano 2007.  E lembremos que daquela os resultados estiveron moi por baixo das expectativas: 10.000 votos menos que nas eleicións do ano 2003, a pesares da participación no goberno autonómico (un 19,15 % dos sufraxios fronte ao 19,41 dos comicios anteriores). Foron daquela uns resultados motivados s pola perda de apoios urbanos, con Ferrol como mais dramático éxemplo do que é un desastre eleitoral. O 22-M, respecto a 2007, o BNG perde  70 concelleiros e concelleiras, quédase con apenas catro mais que no ano 1999 e queda sen representación nun bó número de concellos rurais, sobre todo nesa praza tan difícil que é a provincia de Ourense. Con estos datos, coas maiorías absolutas  do PP en Compostela, A Coruña e Ferrol, a perda da deputación provincial da Coruña, o afianzamento do Partido Popular nas vilas medias… afirmacións que falan de resultados dignos non poden ser considerados como a necesaria dose de optimismo frente a adversidade senon, sinxelamente, unha arrogante e desconsiderada, coa razón política, mezquindade. Podemos repetir ata aburrirnos os bos resultados en Ribadeo, Teo, Pontevedra, Tomiño, Manzaneda, Bueu, Poio, San Sadurniño, Castrelo do Miño, Allariz… pero os datos globais mostran unha importante caída no apoio ao BNG. As veces a visión optimisma non é senon unha mostra de irresponsabilidade, se o único que se pretende é adiar a asunción de responsabilidades. Popularmente falariamos de “escurrir o bulto”.

Razóns para explicar a baixada hai moitas, seguro.  Seguro que cada concello ten as suas propias, e as que valen nun non explican nada do acontencido no concello a carón. Tense escoitado a persoas achegadas á corrente maioritaria do BNG culpabilizar ao gobernos compartidos co PSOE, pero semella que alí onde o BNG era oposición, mesmamente ao PSOE, non sempre lle foi ben, por exemplo en Lugo. Nen sequera ter a alcaldía é moitas veces un seguro de recuncar con bos resultados…

Pero así como hai razóns locais  hai tamén razóns transversais ao conxunto dos concellos que teñen peso e sobre esas debería dar conta unha dirección política que a todas luces tense demostrado incapaz de construir unha alternativa creible socialmente, tanto no que se refire a liñas estratéxicas programáticas (o noso modelo de país, o noso modelo de sociedade, o noso xeito de enfrontarnos á crise económica e aos retos sociais…) como ao xeito no que interpelamos á cidadania, como nos relacionamos cos colectivos e movimentos sociais. A tremenda cegueira con respecto ao significado do 15-M retrotraenos a aquela época na que o que non era controlado polo partido de vangarda era calificado de “españolista” con todo o que o manido adxetivo significaba.

Tal vez o BNG, os dirixentes e tamén os militantes e afiliados, deberan reflexionar, ainda que só fora como hipótese de traballo, sobre si os malos resultados non se deben en moitos casos, e en grande proporción, ás suas propias decisións, libre e democráticamente tomadas. Porque ao peor resulta que cando deciden sobre quen debe ser candidato ou candidata, que ten certa importancia nesto das eleición, xa que os candidatos e candidatas, lembremos, van ter que gañar despois o apoio entre o electorado, que é soberano, lembrémolo tamén, o que fan é elexir segundo intereses que pouco teñen que ver coa idoneidade para liderar un equipo, para encabezar unha lista eleitoral… decidindo, como ben sucedendo, en moitos casos, en claves de loitas internas de poder partidario, elexindo non ao mellor senon ao mais cercano ou ao mais dócil.

Ao final vai ser que a mellor explicación para comprender as decisións de moitas asembleas da organización nacionalista ainda son aquelas liñas da vella canción de Kortatu, Don Vito y la rebelión en el frenopático que decía: “La asamblea de majaras se ha reunido, la asamblea de majaras ha decidido: mañana sol y buen tiempo”.

Pero as decisións que as asembleas toman, tomaron, non xurden da nada: alguén as presenta, alguén as defende e alguén as respalda. E é xusto que alguén rinda contas, reciba parabens ou poña o seu cargo a disposición. Ou incluso dimita, que é o que  un político deberá facer cando se demostra, e os resultados do BNG parecen facelo, que se forma parte do problema actual e non da solución futura.
Pero para a equipa dirixente do BNG polo dagora todo vai ben, polo dagora todo vai ben, polo dagora todo vai ben… En novembro do presente ano ou en marzo do 2011, dentro de 6 ou de 10 meses hai eleicións xerais… como nos vai ir daquela?.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.