Temas: SAMAíN ALLARIZ

Un Samaín de medo

Verín e Allariz preparan diferentes actividades para celebrar a noite de Samaín

Por X.M. Fernández | Ourense | 30/10/2018 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A vila do Támega festexa a cuarta edición da “Noite de Medo” convertendo o casco vello nun arrepiante “túnel do terror” o 31 de outubro. Nel estarán presentes algúns dos personaxes máis coñecidos do mundo do cinema de terror e o percorrido escollido contará con ambientación, efectos especiais, decoración e iluminación especialmente deseñados para dar moito medo.

Emilia Somoza, Concelleira de Cultura. Fonte: Concello de Verín
Emilia Somoza, Concelleira de Cultura. Fonte: Concello de Verín

Na edición deste ano o túnel realizarase a partir das 20:30 h. entre a rúa da Cruz e a praza Maior pasando polas rúas do Pozo e Viriato. Para poder acceder hai que abonar unha entrada simbólica de 2 euros que se poderán adquirir a partir cas 18:00 h. no punto de acceso que estará situado na rúa da Cruz.

A montaxe do “túnel do terror” representa o accidente dunha furgoneta con cepas de varios virus altamente tóxicos. Tras o sinistro prodúcese unha fuga da carga nunha rúa de Verín e comeza a afectarlle á xente. No espazo dedicado  a este túnel haberá diferentes seccións que recrearán escenas de medo con diferentes personaxes que interactuarán cos atrevidos/as asistentes.

E sen saír de Ourense, Allariz tamén se suma á celebración do Samaín co “Allariz de Medo” entre os días 31 de outubro e 4 novembro. As rúas do casco histórico converteranse nunha pasaxe de medo con ambientación que recrea seres do máis alá, con ánimas, meigas, a Santa Compaña…

Na presentación, días atrás, tanto a alcaldesa, Cristina Cid, como a técnica de promoción económica, Eva Sampedro, informaban que esta acción non ten nada que ver cun circuíto de terror senón que se trata dunha proposta de ambientación dirixida a público familiar. Ambientación que recreará estampas propias destes días de defuntos con seres terroríficos do imaxinario popular.  

Cristina Cid e Eva Sampedro. Fonte: Concello de Allariz
Cristina Cid e Eva Sampedro. Fonte: Concello de Allariz

Temas: SAMAíN ALLARIZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta