Case o 99 por cen de mozos entre 16 e 35 anos en Galicia usa dispositivos móbiles

O 97,5% dos fogares galegos con nenos en idade escolar, de 3 a 16 anos, contratou banda ancha, un incremento do 3,9% respecto ao ano anterior, superando en 17,6 puntos aos fogares onde non residen estudantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2018 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

Segundo informou a Xunta, a contratación deste servizo aumenta nos fogares onde residen estudantes maiores de 16 anos, alcanzando o 98,9% e mostrando a relevancia de Internet no período escolar e universitario. Así se recolle no estudo 'A Mocidade e o TIC. Edición 2018', que publica este xoves o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Imaxe de arquivo dun teléfono móbil
Imaxe de arquivo dun teléfono móbil

A convivencia con nenos en idade escolar e estudantes maiores de 16 anos aumenta o uso de computadores e móbiles nos fogares e tamén a navegación por Internet. O uso de dispositivos electrónicos alcanza xa ao 98,5% dos mozos de 16 a 34 anos, confirmando que convivir con nenos en idade escolar obrigatoria é un factor potenciador do uso do TIC nos fogares galegos, xa que superan supera en 23,9 puntos porcentuais aos datos que rexistran as persoas maiores de 35 anos.

A contratación practicamente universal de Internet nos fogares onde residen nenos "tradúcese nun aumento tamén significativo do seu uso", explica a Xunta, que indica que un 98,3% de mozos de 16 a 34 anos navegou por Internet nos últimos 3 meses, fronte ao 77,2% dos maiores que navegaron por Internet nese período (35 a 74 anos).

En relación á frecuencia do uso de Internet, o 92,7% dos mozos de 16 a 34 anos navega diariamente, fronte ao 78,8% de internautas de máis idade, o que mostra unha diferenza xeracional de 13,9 puntos porcentuais neste indicador.

COMPRAS DE BENS OU SERVIZOS

Respecto aos hábitos dos internautas, aumentan as compras de bens ou servizos a través de Internet nos 3 últimos meses entre os máis novos. Máis da metade dos mozos entre 16 e 34 anos (52,9%) compraron a través Internet. Esta porcentaxe redúcese á metade (25,2%) no caso dos de idades entre os 35 e os 74 anos.

No último ano, as compras a través de Internet aumentaron 4,9 puntos entre a poboación de 16 a 34 anos, superando o ritmo de crecemento que se rexistra no tramo de idade de 35 a 74 anos (2,7 puntos de aumento)

En relación aos trámites realizados coas administracións públicas, os internautas máis novos (16 a 34 anos) relacionáronse en maior medida coas administracións públicas a través de Internet, especialmente no referente á procura de información (83,8%) ou ao envío de formularios cubertos (79,3%). As diferenzas cos trámites feitos por internautas de 35 a 74 anos roldan os 23,3 puntos no caso da procura de información e 18,8 puntos no envío de formularios.

As motivacións para non contratar aínda de Internet nos fogares con nenos en idade escolar continúan sendo os custos de equipamento e conexión. Pola contra, nos fogares que non teñen menores en idade escolar (3 a 16 anos), a razón principal para non dispor de Internet é a percepción de que non lles resulta útil nin interesante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta