Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2018 | Actualizada ás 19:33
CIG, CC.OO., CSIF e UGT denuncian que irán á rúa un total de "436 empregados públicos" do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (Spdcif) con contratos precarios fixos-descontinuos que finalizaron o seu período de actividade o pasado 31 de outubro, mentres que o 30 de novembro a medida afectará a outros 610.
"O desmantelamento acometido pola Consellería que dirixe José González Vázquez implica unha redución de máis do 50% dos efectivos dispoñibles na prevención e extinción de incendios forestais", sinalan os sindicatos, que aseguran que "máis de mil bombeiros forestais, vixiantes, emisoristas e operadores irán ao paro entre o 31 de outubro e o 30 de novembro".
As catro organizacións cualificaron de "irresponsable" esta redución dos efectivos dispoñibles, "só un ano despois da vaga de incendios que sufriu Galicia" en outubro de 2017. "Incendios de outono ou primavera, e mesmo inverno non son un fenómeno illado, pois temos como exemplo o ocorrido en outubro de 2011 e marzo de 2012, que en condicións adversas pódense converter en lumes descontrolados", apuntaron.
Por todo iso, avanzaron que os traballadores do Spdcif concentraranse o día 30 de novembro, ás 11,00 horas, na Consellería do Medio Rural para esixir o fin da "precariedade laboral" que, segundo denunciaron, "sofre unha gran parte do Spdcif".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.