Na procura dos mellores cans de pastoreo

Os veciños de Lourenzá poderán adestrar na técnica do pastoreo os seus animais. Será nun curso promovido pola Deputación de Lugo que se celebrará o sábado 10 e o domingo 11.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/11/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Deputación Provincial de Lugo promove con 3.000 euros unha nova edición do Curso de adestramento de cans de pastoreo que se celebrará no concello de Lourenzá durante esta fin de semana do 10 e 11 de novembro. Estas xornadas están dirixidas a un total de 20 participantes e ofrecerán formación de carácter práctico sobre as técnicas claves de adestramento para labores de pastoreo.

O border collie é un can de pastoreo
O border collie é un can de pastoreo | Fonte: hogarmania.com

O curso desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 9.30h a 13.30h, e de 15.00h a 19.00h. Constará dunha parte teórica e doutra máis práctica e personalizada en función das habilidades do can.

As persoas interesadas deberán facer unha reserva previa no teléfono 627473504 e aboar un importe de 50 euros. Contando as pasadas edicións, xa son máis de 400 os gandeiros os que se beneficiaron deste curso formativo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta