Por Galicia Confidencial | Padrón | 23/11/2018 | Actualizada ás 14:13
A Guarda Civil do posto de Padrón, en colaboración coa Policía Local deste municipio coruñés, identificou a un home de aproximadamente 70 anos de idade ao que xa se lle levantou unha acta como presunto responsable do abandono de oito cachorros de can.
A investigación comezou despois de que os animais, de raza mastín e dun tres meses de idade, fosen achados por un cazador no lugar de Cortiñas-Herbón. Posteriormente, os feitos foron denunciados por un concelleiro do Concello de Padrón.
A acción deste abandono causou ao consistorio un custo económico de 560 euros, debido a que é preciso desparasitar e identificar aos animais, entre outras accións, segundo explicaron a Europa Press fontes da Garda Civil. Dos oito cachorros, catro xa foron adoptados e os outros catro atópanse en réxime de acollida temporal por voluntarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.