As medidas da Xunta para aforrar nas autopistas: bonificacións aos que circulen pola noite

Anuncia bonificacións do 50% nas autoestradas autonómicas AG-55 e AG-57. Sería só entre as 00.00 horas e as 06.00, a franxa horaria con menos circulación do día.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2018 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou que a Xunta de Galicia traballa para "implantar" bonificacións do 50% nos prezos das peaxes das autoestradas autonómicas, pero só para aqueles que viaxen en horario nocturno. Unha medida que se activará na AG-55 (A Coruña-Carballo) e AG-57 (Puxeiros-Val Miñor).

Cabinas de peaxe
Cabinas de peaxe | Fonte: PontevedraViva.

Así o avanzou este sábado na celebración dos 40 anos da Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer) nun acto en Santiago ante representantes do sector. A titular de Infraestruturas expresou que comparte "as mesmas preocupacións que os transportistas" nun contexto de subida do prezo dos carburantes e das peaxes da AP-9.

Por iso, comentou aos transportistas as liñas de actuación nas que traballa o Executivo galego para facer fronte a esta dobre problemática para "un sector estratéxico para a economía galega". "É unha peza fundamental para que funcionen os demais sectores", engadiu.

Neste sentido, avanzou que a Xunta realizará rebaixas nas peaxes das autoestradas da súa competencia: a AG-55 e a AG-57, "as máis baratas de España", lembrou a conselleira. Vázquez explicou que a intención da Xunta é "flexibilizar os prezos" nunha "tarifa nocturna", que abarcaría desde as 00,00 horas da noite até as 06,00 da mañá, e que suporía un desconto do 50% no prezo da peaxe.

"CANTO ANTES"

Así, a titular de Infraestruturas declarou que "tratan de predicar co exemplo". Aínda que non quixo falar de "datas concretas", prometeu que implantarán as bonificacións "canto antes".

Ethel Vázquez, no 40 aniversario de Fegatramer
Ethel Vázquez, no 40 aniversario de Fegatramer | Fonte: Europa Press

A conselleira pediu tamén ao Ministerio de Fomento que traballe na "flexibilización" dos prezos da AP-9 --após a súa recente subida e a que se prevé a comezos do próximo ano-- porque entende que "un bo sistema de baixada de prezos pode captar máis tráfico e ser máis beneficioso para todos".

MÁIS GASOLINEIRAS

Por outra banda, Ethel Vázquez lembrou que o Goberno galego aprobou "hai uns días" no Consello da Xunta "unha importante iniciativa" para "flexibilizar e axilizar a instalación de novas gasolineiras". Deste xeito, segundo explicou a conselleira de Infraestruturas, ao haber "máis competencia" poderíanse "baixar os prezos" dos carburantes.

CATRO DÉCADAS DE FEGATRAMER

No acto de celebración do 40 aniversario da Federación Galega de Transporte de Mercadorías, o presidente, Ramón Alonso Fernández, e o secretario xeral, José Carlos García Cumplido, destacaron o traballo da institución durante este catro décadas.

Aínda que celebrou os avances en materia de transportes ao longo deste corenta anos, avisaron de que "queda traballo por facer", aínda que prefiren "ver o vaso medio cheo".

No acto na capital de Galicia, fixeron entrega de distincións a persoas "que contribuíron ao desenvolvemento de Fegatramer" desde a súa creación en 1978.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

É uma brincadeira? Suponho que sim, certamente ata tem graça. É uma vergonha. Pero se nos convenceram para pôr a lavadora a noite para que não durmamos nem nós nem os vizinhos.