Vangarda e galego xuntos nunha nova editorial

Axóuxere lánzase ao mercado dos libros en galego con prezos moi competitivos e “á marxe de toda forma ou dominio institucional”. Video da presentación en Santiago no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/06/2011 | Actualizada ás 08:22

Comparte esta noticia

Ademais da nova editora, Manu Cebral, Manuel del Río, Rafa Xaneiro e Roberto Abuín deron conta dos dous primeiros lanzamentos . TAZ (Zona Temporalmente Autónoma)  é un texto “difícil de conquistar pero fancisnante” do “anarcosufi” Hakim Bey.  Chamamento, texto anónimo aparecido en Francia, no ano 2003, e de autor anónimo.  As dúas obras xa se poden mercar en liña por 10 euros.

Axóuxere non é unha editorial típica, pois os seus proxectos abranguen máis campos que os libros e ten unha clara vocación poética e vangardista, coa intención de axudar a incorporar á cultura galega textos que non atopan distribución nos vieiros da distribución corporativa pola súa suposta carencia de atractivo comercial.

“Por moito que se diga, temos unha forte tradición comunitaria” argumentou o xoves Rafa Xaneiro durante a presentación na Gentalha do Pichel

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

8 Nando

Agroma unha nova editorial galega (e en galego) e o primeiro que se nos ocorre cuestionar é se "reciben subvencións públicas para a edición en galego"... Sempre que nace unha nova idea, que pode aportar novas perspectivas, algo diferente, hai quen se obstina en tirarlle pedras, polo mero feito de tirarllas; ocorre sempre. Quizais ese non debería ser o mester que nos ocupa. Moi boa resposta a de Nora -sempre que se queira ler e comprender. Ao ver algo distinto, cómpre ver que queren dicir, que queren aportar. É unha editorial que, ao meu parecer, ten proxectos moi atractivos e está a editar lecturas que, doutro xeito, non chegarían ás nosas mans na nosa lingua. Para poder conformar unha idea do que poden ser non hai máis que visitar a súa páxina, coñecer o que fan e mercar algún dos seus libros. Calquera outra cousa é o mesmo que pegarse contra as paredes. Isto é: se sae algo novo, próbase; que gusta, ben; que non gusta, continúase a buscar outra cousa.

7 manola

manolito toca o bombo e o pauziño...manoliño...vai pacer e decir burradas a outro foro oh

6 Nora

Sobre todo porque non saben "escoitar".

5 Doel

Esta inicitiva é loable desde o punto de vista cultural pero suicida desde o comercial. Ánimo, que son moitos os chamados e poucos os elexidos

4 Manuel Ferreiro

Ánimo, ánimo e ánimo!