Vangarda e galego xuntos nunha nova editorial

Axóuxere lánzase ao mercado dos libros en galego con prezos moi competitivos e “á marxe de toda forma ou dominio institucional”. Video da presentación en Santiago no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/06/2011 | Actualizada ás 08:22

Comparte esta noticia

Ademais da nova editora, Manu Cebral, Manuel del Río, Rafa Xaneiro e Roberto Abuín deron conta dos dous primeiros lanzamentos . TAZ (Zona Temporalmente Autónoma)  é un texto “difícil de conquistar pero fancisnante” do “anarcosufi” Hakim Bey.  Chamamento, texto anónimo aparecido en Francia, no ano 2003, e de autor anónimo.  As dúas obras xa se poden mercar en liña por 10 euros.

Axóuxere non é unha editorial típica, pois os seus proxectos abranguen máis campos que os libros e ten unha clara vocación poética e vangardista, coa intención de axudar a incorporar á cultura galega textos que non atopan distribución nos vieiros da distribución corporativa pola súa suposta carencia de atractivo comercial.

“Por moito que se diga, temos unha forte tradición comunitaria” argumentou o xoves Rafa Xaneiro durante a presentación na Gentalha do Pichel

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

3 Nora

Querid@s amig@s, disculpádeme o meu entrometemento. O meu nome é Nora Viéitez e vivo en Francia, agora mesmo. Son parte de Axóuxere e tradutora (e artífice das notas) do seu segundo libro "Chamamento". Paréceme interesante todas as opinións que estades a facer, pero para falar con "certeza" hai que coñecer. Quen de todos os que escribiron poden dicir que Axóuxere "é coma todas e percibe subvencións públicas"? Amig@s, iso paréceme o máis deleznábel da prática política "institucional": a demagoxia. Laméntoo. Creo que para ser "non-institucionais" non se trata de negar ou non negar cartos que proveñan do Estado (que, lembremos, son nosos, porque nós os pagamos no fondo), senón en "perpetuar" ou non certas formas de relación entre as persoas, certas formas de traballo xerárquico, certas maneiras de increpar, certos modos de tiranía (encuberta ou non)... En fin, certos "usos e abusos" do poder.

1 más listillos al trinque

O sea que estáis en contra de que haya un control democrático sobre vuetras subvenciones. menuda jeta de cemento: lo que critican en relación a la Iglesioa u otras organizaciones sociales del "enemigo", lo defienden para sí mismos. Tenemos derecho a NO pagar con nuestrod inero vuestrra empresa privada, sinvergüenzas. Cuando os conviene bien que estais encantados con el estado que obliga a pagar a organizaciones privadas. Subvncionaros con dinero público sin control democrático equivale a imponer el consumismo forzoso de vuestra mercancía

2 gert456d

¿Que tendrá que ver la organización interna de vuestra EMPRESA PRIVADA (porque eso es lo que sois, una empresa privada como cualquier otra), una cuestión que no afecta a quienes no pertenecen a vuestra EMPRESA, con ser "no institucionales"? La pose de autogestión ultraliberal (no rrecibimos dinero público) dura lo que tarda en aparecer el dinero público para beneficio privado. jajaja.

3 Nora

sen dúbida vostedes o que son é uns reaccionarios.

4 Nora

Ah, esquecíaseme... E ademais parvos. (É dicir, bastante ignorantes).

2 os de sempre

estan os tempos como para comprar libros,esperemos que a tirada deses libros non caiga en saco roto.

1 Manoliño

A independencia "de toda forma ou dominio institucional" supoño eu que se amosará no rexeitamento ás subvencións por publicar en galego ¿ou non?

1 Andamolho

Si hominho si,esas subvencions xa estan todas concedidas a Voz e outras publicacións para que nos informen con total transparencia do que acontece polo mundo,e ti tan contento como "unas castañuelas"xa que polo menos publicar moi maioritariamente en cristiano,desculpas quixen dicer en espanhol.

2 Mariló

Non se fala de prensa ¿Renuncian ás subvencións por publicar en galego si ou non? Eso é o que hai que contestar. Hai sindicatos que non están subvencionados e outros sí. Hai xornáis que están subvencionados e outros que rabean porque non teñen audiencia ou é residual, pechan, e por elo tampouco os subvencionan ou non perciben igual cuantía. O mesmo que hai xornalistas que respiran polas feridas porque se teñen por uns cracks e non soportan o menoscabo na auestima que supuxo que na Voz lles tiraron o currículo ao lixo porque en realidade non son tan cracks (por ser fina e educada).

3 MariaDolores

Mariló, ¿por qué non renuncia La Coz ás enormes subvencións que recebe? ¿de verdade pensas que é un menoscabo para alguén que La Coz tire o seu CV? Todos sabemos o que se precisa para traballar en La Coz; ser do PP e de "boa familia" (e iso, que eu saiba, non se pon no CV)

4 Mariló

Tocaia, segues sen respostar ao que se pregunta ¿renuncian ás subvencións si ou non? Estes van de independentes "de todo dominio institucional" e como o movimento amósase andando, parece que a independencia é de piquiño porque fan o mesmo que os demais perceptores de subvencións: cobran ¿ou non?

5 Andamolho

E porque habian de renunciar as subvencions por publicar en galego?.Se esas subvencions existen porque estes tenhen que renunciar mentres a Voz de demais apanhan nelas a mans cheas?.Outra ciousa e se estades en contra de que o galego tenha que contar con subvencions,daquela imaxino que tamen o estaredes de todas as subvencions que se fan para as demais linguas,ou non?

6 Arenga

Algum queimado coas subvençom.... Que passa, os livros em castelhano também têm subvençom e inda nom escoitei crítica. Nom será que vos fode que se subvencione o galego mentras apoiades as subvenciones do castelhano??? pq isso tem um nome.

7 Para Andamolho

Andamolho, porque o tradicional neste país é que esas subvencións vaian para quen publica en español, como La Voz, El País ou calquera outro xornal. E logo aínda nos venden que se gastan cartos no galego! O que se leva facendo desde a autonomía é unha política de facto de promoción do español, a través da inmersión lingüística na escola e o investimento de moitísimos millóns en medios de comunicación nese idioma.

8 Mariló

Caro, non teñen porque renunciar ás subvencións como fan os sindicatos anarquistas. Pero en caso de non renunciar confírmase que a "independencia de todo dominio institucional" é so piquiño.

9 MariaDolores

Coñezo algún diario que dicia ser "Diario Independiente de la mañana" e non renunciaba ás subvencións. A independencia é unha questión de moral el principios maís que de cartos. o malo é que hai moita xente que só entende destes últimos.

10 Andamolho

Pois claro que se subvencionan as linguas,todas!!o problema do galego e que esta submetido o pequeno imperio que espalha cuartos a montons para o castellano,lingua do imperio,mentres as demais linguas esmorecen por inanicion,o problema do galego e que esta sociedade renunciou a sua identidade submetida a unha colonizacion brutal e dalhe o pouco poder co que o pequeno imperio tenta manternos calados aos servos dese mesmo pequeno imperio,poder politico mediatico e social subvencionando cada acto que eses poderes levan a cabo.Todo o que digo demostrano os Marilós e Manoliños de turno ciscalhando merda sobre a lingua propria deste pais en cada noticia que sae por exemplo neste medio.

11 Manoliño

Tocaia, todos manipulan. O quid está en percibir as mensaxes manipuladas duns e doutros. E é evidente que ninguén que perciba subvencións do Estado pode dicr en serio que é "independente de todo dominio institucional". É so pura propaganda, que nin que vos fora a vida nelo, tedes moito interese en matizar que non é propaganda como a que fai El País.

12 observador

As subvencións para o libro galego para o ano 2011 son de : 60000 euros¡¡¡¡. Desde hai 2 anos é unha partida case en extinción. Esa menudencia a repartir non é nin unha mínima campaña publicitario/propagandística semananal do último negociado periférico da xunta. Unha esmola. O gordo ben o sabemos quen o leva. A prensa independente galega, tan independente que sen a pasta pública pecha só con saber a noticia da retirada da subvención.