"España poñerá as abellas en perigo se non apoia a guía europea para protexelas dos pesticidas"

Entidades de todo o Estado envían unha carta ao ministro de Agricultura para que apoie a proposta da Comisión Europea para a adopción do Documento de Guía da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/12/2018 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Máis de 100 entidades de todo o Estado enviaron unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas Puchades, na que solicitan o apoio de España á proposta da Comisión Europea para a adopción do Documento de Guía da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA, polas súas siglas en inglés) sobre a avaliación dos riscos de pesticidas para as abellas. Esta guía podería ser adoptada pola Unión Europea na próxima reunión do Comité Permanente de Plantas, Animais, Alimentación e Pensos que terá lugar os días 12 e 13 de decembro en Bruxelas.

Manifestación para protexer as abellas dos pesticidas
Manifestación para protexer as abellas dos pesticidas | Fonte: Adega.

O documento, presentado pola EFSA en xullo de 2013, foi a base da avaliación do risco dos tres insecticidas neonicotinóides (clotianidina, imidacloprid e tiametoxam) cuxos usos ao aire libre foron totalmente prohibidos na UE na última primavera por mor do perigo demostrado para as abellas e outros polinizadores. Esta prohibición tivo o voto favorábel de España. Con todo, este documento de orientación aínda non foi aprobado polos membros e na última reunión do Comité, en outubro, a maioría dos países (18), incluíndo a España, foron contra a adopción inmediata e completa deste documento.

Segundo as entidades asinantes da carta, "desafortunadamente, a prohibición de neonicotinóides faría pouco para protexer as abellas e outros polinizadores sen a adopción deste documento de orientación e se esixe que todos os pesticidas actualmente no mercado e as futuras solicitudes de autorización, pasen o mesmo rigoroso proceso de avaliación de riscos que pasaron os tres neonicotinóides". Isto, din, "é aínda máis importante cando moitos dos usos dos tres insecticidas están sendo substituídos por outros igualmente perigosos para as abellas e outros polinizadores".

Os colectivos plantexan que "se o compromiso de España para protexer os polinizadores é real, entón "o seu apoio ao documento de orientación da EFSA non debe ser cuestionado en ningún momento e é máis que necesario".

"Sen unha avaliación rigorosa dos riscos de todos os pesticidas para as abellas e outros polinizadores, a súa conservación e todos os plans que se fixeron e farán serán só unha utopía e palabras fermosas", advirte desde Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), que advirte de que "España poñerá as abellas en perigo se non apoia a guía europea para protexelas dos pesticidas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta