Investigado un veciño de Lobios por denunciar o falso furto de 18 tenreiros

A Guardia Civil cre que o gandeiro vendeunos ou sacrificounos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2018 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

O Equipo ROCA da Guardia Civil de Celanova (Ourense) tomou declaración en calidade de investigado a J.M.S.G., de 45 anos de idade e veciño de Grou, en Lobios (Ourense) como presunto autor dun delito de denuncia falsa após denunciar o falso furto de 18 tenreiros que sacrificara ou vendera supostamente ilegalmente.

Vaca de raza rubia galega co seu cuxo
Vaca de raza rubia galega co seu cuxo

Segundo informou o Instituto Armado, o pasado día 18 de novembro presentou unha denuncia polo furto de 18 tenreiros nunha explotación gandeira da súa propiedade entre os meses de setembro a novembro.

A Guardia Civil realizou varias investigacións, no marco das que pescudou que un dos tenreiros foi sacrificado no matadoiro de Celanova en febreiro de 2017.

Por iso continúa coas investigacións porque "existen sospeitas fundadas", asegura a Benemérita, "da venda ilegal de tenreiros" a particulares, "que serían sacrificados nos seus propios domicilios, sen chegar a pasar controis sanitarios", puntualiza.

As dilixencias instruídas en relación con estas pescudas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Bande, informaron as mesmas fontes.

Por outra banda, a Guardia Civil de Ponte Barxas tomou declaración en calidade de investigada a M.V.P., de 53 anos e veciña de Quintela de Leirado, como presunta autora dun delito de defraudación de fluído eléctrico por conexión ilegal á rede eléctrica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta