Feridas seis persoas nun accidente de tráfico en Outes (A Coruña)

O suceso ocorreu na estrada dP-4502, ao seu paso por Santo Ourente de Entíns, onde chocaron un coche e unha furgoneta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2018 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Seis persoas resultaron feridas na mañá deste xoves nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Outes, onde chocaron un coche e unha furgoneta.

Unha estrada
Unha estrada | Fonte: Wikimedia

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 9.30 horas deste xoves na estrada DP-4502, ao seu paso por Santo Ourente de Entíns, onde os dous vehículos chocaron fronto-lateramente.

Como consecuencia do impacto, tres dos ocupantes da furgoneta e outros tres do coche foron trasladados a distintos centros hospitalarios por persoal sanitario do 061. Os feridos atopábanse accesibles, polo que se descartou o uso do material de excarceración.

No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil de Tráfico, do GES de Muros e da Policía Local, así como voluntarios de Protección Civil de Outes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta