Por Galicia Confidencial | Ourense | 05/01/2019 | Actualizada ás 14:52
A Consellería do Medio Rural informou que o incendio que desde o venres afectaba á parroquia de Requeixo do municipio ourensán de Chandrexa de Queixa quedou extinguido minutos despois das 13,00 horas deste sábado.
Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada elévase ás 175 hectáreas, todas elas de monte raso.
O lume iniciouse no mediodía do pasado venres en dous focos simultáneos situados en zonas de difícil acceso. Nas tarefas de extinción participaron cinco axentes, 12 brigadas e medios aéreos.
Tamén onte quedaban extinguidos dous lumes. Un deles afectou á Serra do Invernadoiro, no Concello da Mezquita. Arderon 161 hectáreas. O outro, en Caroi no termo municipal de Cerdedo-Cotobade queimou 45 hectáreas. Uns incendios que teñen lugar en pleno inverno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.