Bencomún propón unha candidatura cidadá da esquerda galega para o Senado

A Iniciativa reuniuse este xoves cunha representación do BNG ao redor da 'Carta de Compromisos para a Rexeneración Democrática', e a semana que vén celebraranse xuntanzas con PSdeG-PSOE e EU

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/08/2011 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A Iniciativa Bencomún (IBC) propón a constitución dunha candidatura progresista galega unitaria para o Senado, coa vista posta nas eleccións do vindeiro 20 de novembro. IBC considera que a candidatura debería estar conformada por cidadáns e cidadás independentes de recoñecido prestixio nos seus ámbitos laborais ou sociais, así como por representantes da sociedade civil, e debería ser apoiada polas forzas políticas de esquerda.

Así o expuxo este xoves na xuntanza que mantivo co BNG para presentar a súa Carta de Rexeneración Democrática. A plataforma faralle esta mesma proposta de maneira formal aos partidos de esquerda con implantación en Galicia no marco da rolda de contactos que está mantendo con eles neste mes de agosto.

Defensa dos intereses galegos

O obxectivo é a conformación dun grupo galego progresista no Senado que defenda de forma conxunta os intereses de Galicia e dos galegos e galegas e exerza de contrapeso fronte ás tentativas recentralizadoras e de desmantelamento do Estado de Benestar. "Habería un Grupo Galego no Senado por vez primeira, e viría a sumarse á iniciativa coma a Entesa Catalana de Progrés, que dende 2000 representa conxuntamente a PSC, ICV e ERC e que na actualidade conta con 16 senadores", aseguran nun comunicado.

Nas eleccións de marzo de 2008 o PP obtivo 12 dos 16 senadores elixidos en Galicia, gañando o PSdeG-PSOE os outros catro. Porén, a suma dos votos recibidos polos candidatos de PSOE, BNG e EU superou nas catro provincias os colleitados polos conservadores. Unha candidatura unitaria da esquerda racharía a distribución actual e permitiría obter unha maioría de senadores progresistas.

Programa de mínimos

Segundo Bencomún, a candidatura debería articularse ao redor dun programa mínimo centrado na defensa e potenciación do Estado de Benestar e as políticas económicas sociais e redistributivas, tamén na defensa do autogoberno e a redacción dun novo Estatuto de Autonomía para Galicia, e finalmente a rexeneración, transparencia e participación democrática. Consensos que mobilizan unha maioría social dos galegos.

No encontro que mantiveron este xoves na sede nacional do BNG debateuse polo miúdo a 'Carta de Compromisos' presentada a pasada semana, e nela os representantes do BNG amosaron unha coincidencia practicamente total coas propostas feitas e realizaron achegas que serán debatidas no seo da Iniciativa para a súa incorporación ao documento.

Xuntanza co BNG

O Bloque Nacionalista Galego comprometeuse a estudar o texto con máis detemento de cara a unha nova xuntanza, que terá lugar en setembro. Na reunión os representantes de Bencomún tamén presentaron a proposta da referida candidatura cidadá para o Senado, que o BNG se comprometeu igualmentea estudar e debater.

Iniciativa Bencomún celebrará a vindeira semana encontros con representantes de PSdeG-PSOE e Esquerda Unida ao redor da 'Carta de Compromisos' e tamén da candidatura cidadá progresista. Este documento, de 46 puntos, presentouse hai uns días e foi enviado aos principais partidos políticos para que o debatesen e o asumisen publicamente.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

6 Gamela

O que IBC aínda non sabe é que o Senado é o premio de consolación para os políticos en activo que caen do cartel nas eleccións locais, autonómicas ou mesmo que non acadan posto nas listas do Congreso. Por moito que estuden o documento aos partidos o único que lles importa do Senado é colocar alí á súa xente para que podan merendar de balde mentres len os xornais e viaxan en avión pagados pola Cidadanía. Non estaría mal colocar en Madrid a uns cantos parados galegos pero así non imos moi lonxe... Agardemos a resposta dos PARTIDOS!

5 Gamela

Facede algo POSITIVO: pedir o cese do Ministro do Interior Camacho por declarar unilateralmente o Estado de Alarma en Madrid. O mínimo dereito dunha democracia é a liberdade de expresión, manifestación pacífica e reunión. ¿Ou tampouco vos gusta? http://actuable.es/peticiones/pide-...

4 Roel

Xa todos sabemos que esta iniciativa non sairá adiante, pero paréceme racional e magnífica. Non creo que sexa secundada polos dous partidos que non son PP na nosa terra. Ainda que o Senado se convertise nunha cámara famélica e case carente do senso que debería ter, polo tanto que a fai case inútil, non é o mesmo ter nela unha representación testemuñal que ter forza nela. Como sempre, o noso país será o que esteamos dispostos a apostar por el.

3 Mauricio

Suponse que, por ética, non se postularán para a lista do Senado ningún dos integrantes de IBC. Pero nunca o saberemos, porque a súa proposta vai ser tirada ao lixo despois de darlles largas.

2 Xoelho

¿Candidatura común para o Senado? Un_a candidatura común da esquerda en Galiza, probablemente sen o PSOE porque hai que estar contra o bipartidismo e o que iso significa, porque o PSOE non vai cambiar radicalmente a súa política, non só sería boa senón que é un_a necesidade apremiante se se queren cambiar as cousas de verdade. Mais o que non me cabe na cabeza é que sexa PARA O SENADO. O Senado é un_a cámara inútil que non debería existir. A candidatura debería ser para o Congreso, e non se debería votar por ninguén para o Senado. Precisamente un_a das reivindicacións que habería que facer no necesario cambio na constitución é a desaparición desa cámara que só serve para entorpecer a axilidade parlamentaria.

1 Inés

E mentres se conseguen eses pasos que dis ti (desaparición do senado, lista no congreso e no senado sen o soe...) que facemos? Faltan tres meses, asinariamos que nun panorama cun PP omnipotente, esmagador en todas as institucións, se pasase de 12 senadores do PP fronte ao catro do Psoe pasasemos a 7 do PP e 9 desa entente con 5 do Psoe, 3 do BNG e 1 de EU 8por dicir algo)? Eu si, se os cataláns (e mira que non tiveron cristos na Generalitat co tripartito) poden lograr un acordo de mínimos, dende Galiza se pode artellar algo parecido baixo uns puntos comúns firmes e progalegos antes de nada.

2 Xoelho

O Senado non vale para decidir nada. As cousas decídense no Congreso, aínda que formalmente se leven tamén a discutir ao Senado, pero decide o Congreso. Facer un_a candidatura para o Senado é perder lastimosamente o tempo.

3 bouzas

...e perdemos os cartos, en salarios, dietas amplas e non fiscalizadas, desprazamentos de primeira e retiro dourado. Aquí é onde se olla con claridade o obxectivo dos Ben Comen: colocar mantidos, e cando hai crise, ademais de escasear as posibilidades do partido de turno, facemos un remexido. Pois comecen pola decencia que dician preocuparlles: non precisamos senadores, non precisamos senado... E do resto dos políticos sobran a práctica totalidade, total só aparcen para votar, e votan segundo o dedo que lles levantan!

4 antiespañol

Nunca sobran políticos, sobran políticos mediocres. De feito o que fan falla son políticos que medien entre o que dictan os mercados e os intereses da sociedade. Precisamente está crise é pola globalización neoliberal que restou poder aos estados. Non pode ser que un guiño das axencias de rating que sirven aos poderesos bote polo chan a economía dun país. Tarde ou temprano aos estados non quedaralles mais remedio que intervir nos bancos e na economía. O discurso que eles propagan nos falsimedia na totalidade propiedade deles e que sobran políticos e políticas, que non sexan as que eles impoñan ao mundo.

5 safado

Moi ben anti, moi lindo discurso, mágoa que sexas máis español do que proclamas, pois só traduces a medias da lingua do imperio, e claro, só miras por un ollo, o traseiro: políticos si, de los buenos... E quen veñen sendo?

6 antiespañol

safado, agora eres ti o que mide o españolismo, ti que semellasme un paspán que trago todo o que botanlle nos mass-merda capitalistas. Os que din que a culpa é dos políticos pra deixar aos oligarcas as mans ceibes.

7 safado

Segue o anti a pensar que todos son da súa condición: mansa co poder político. E que outra cousa fan OS TEUS políticos que deixar que mexen por nós os de sempre? Polos outros políticos, os que non se venden, seguimos agardando!

8 luis

que asco, os aproveitados de sempre ,os que non posuen collons pra militar abertamente.lembrame o nunca mais un militante comunista dirixindo a tvg,unha chupapollas profesionalos programas,o ex liberal antonio losada o mando. E o lixo socialista nos informativos.Os de Inzar a quedar ben con todo quisque.Eles foron os primeiros bencomun ..o seu propio ben e usaron incautos que perderon todo por crer.