Por E.P. | LUGO | 29/01/2019 | Actualizada ás 10:40
Unha muller resultou ferida de consideración despois de chocar frontalmente o vehículo que conducía contra un camión na mañá deste martes no termo municipal do Corgo (Lugo). É a segunda en menos de doce horas, logo do chocque, frontal, en Pontevedra, que deixou outra muller ferida.
Segundo informou o 112 Galicia, tras recibir a alerta dun particular, que indicou que a condutora podía estar atrapada no interior do vehículo, por parte do servizo de emerxencias pasouse aviso, ademais da os servizos sanitarios de urxencia -que xa tiñan constancia-, aos Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico. Tamén, requiriuse a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.
O accidente ocorreu sobre as 8,15 horas deste martes no punto quilométrico 490 da estrada N-V, á altura do concello lucense do Corgo.
Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e o equipo sanitario de Atención Primaria do Corgo para atender á muller M.P.D.X., de 56 anos, que foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.