Xulguen a obra literaria, o seu traballo extraliterario e/ou a súas actuacións públicas. Os comentarios malintencionados referentes á imaxe dunha persoa só desacreditan a quen as formula. Moito me temo que serían moi distintos de se referir a Paco Lodeiro ou a Jorge Mira; probablemente non aludirían ó seu aspecto físico. O tempo poñerá no seu lugar a Iolanda Castaño, para ben ou para mal.
foi ela a que puxo sobre a mesa o tema da súa beleza física...
Aixa, eu creo que desde posicións progresistas non se debe promocionar nunca a imaxe da muller-obxecto.
Muller obxecto? Creo que confundes a túa percepción dos corpos femininos co que realmente son os corpos femininos e os corpos en xeral. Seguramente, como comenta Aixa, nunca dirías que Jorge Mira é un home obxecto porque coide a súa imaxe ou porque a presente de determinada maneira. Non coida a súa imaxe Diego Ameixeiras? É un home obxecto? Ou será que ti es un hetero que non aprecia nada especial en Diego Ameixeiras? Moito machista disfrazado de progre nestes foros de internet...
Jo Ello, machista eu non, machista é o que eu critico. Non entendes nada.
A mención ó aspecto físico e á ausencia/presenza da beleza é unha constante na obra e nas entrevistas de Iolanda Castaño, iso seino de sobra. Hai moita xente que lle critica iso precisamente ou que din que parece estar obsesionada consigo mesma (algo, por certo, moi común nesta sociedade narcisista nosa) pero a maioría das frases que lin aquí limítanse a falar do seu corpo e da súa cara (e hai comentarios ben soeces). Logo caen nun xogo moi similar, ó meu modo de ver. Léase o titular: "Iolanda Castaño deixa 'Cifras e Letras'". Esta vez non creo que haxa lugar a polémicas.
Eu tampouco creo que se deba potenciar a imaxe de muller-obxecto (nin do home-obxecto). É a obra literaria neste caso a que debería dicirnos algo ou, no seu defecto, os seus traballos mediáticos. Por iso escribín que o tempo poñerá a Iolanda Castaño no seu lugar. Deixemos que transcorran uns cinco anos, por exemplo.
Aixa, dis que estás de acordo en que non se debe potenciar a imaxe de mulher-obxecto e engades que tampouco a de home-obxecto, o cal está ben en teoría pero resulta que a sociedade na que vivimos aínda é patriarcal e estamos lonxe de superar a ideoloxía que ese tipo de sociedade ten implantada no interior da xente desde hai non séculos senón milenios, e o caso é que NON EXISTE realmente o home-obxecto.
Porque non é cuestión de coidar a imaxe senón da maneira de facelo, e nesta sociedade considérase normal que as mulheres tenhan que esforzarse moito máis pola súa apariencia, por gustaren, que os homes, o cal non quere dicir que iso o fagan necesariamente con éxito, pero a cuestión é que un_a mulher polo feito de selo cre e cre a sociedade que ten que adornarse, maquilharse e empirifolharse moito máis, e moitas fano ata pareceren máscaras e ás veces chegan a dar grima. Que iso o faga e o defenda xente de dereitas é o normal, procuran manter os roles tradicionais todo o posible, xa que son conservadores, mais que se faga desde posicións progresistas é contradictorio. E o de menos é que esa estética resulte ou non fisicamente desagradable.
Aixa e Xoelho, hai unha cousa que se chama "asociacións mentais", case inconscientes, asócianse ideas e imaxes, delas xorden esquemas cognitivos (os denominados "prexuízos", ou nun sentido menos peiorativo, crenzas), e déstas determínase a conducta das persoas, polo menos en medida importante. Iso afecta a todo, incluindo o que se pensa, dí e fai respecto a un idioma e cultura. En Galicia só recientemente se está a cambiar estas asociacions inconscientes. (Continúo)...
Ata agora, a xente, en particular os novos, só podían asociar o idioma galego, e a cultura en galego, a imaxes e persoas pouco estimulantes: anciáns, labregos, aldea, política, barbudos berradores con bandeiras na man...(non estou agora a criticar o nacionalismo, só a analizar a IMAXE que capta a xente), literatos ou folkloristas con gafiñas e coleta de pelo enmarañado, que se reúnen na Casa das Crechas ou no Taraska. Enfin.
Yolanda produce unha asociación mental totalmente diferente, rompe os esquemas preestablecidos: a xente nova, atónita, pode empezar a asociar "cultura galega" con sofisticación, vangarda (véxanse os seus vídeos), beleza, e en certo sentido, triunfo. Xa entendedes, non me extendo máis. O último e aclarar que "muller-obxeto" non é unha persoa como ela, é unha beleza sen cultura nin intelixencia, así que non confundamos os términos. E "homes-obxeto" desde logo que os hai (qué son senón os actores porno? Unha polla con patas, e menos radicalmente, os místers, modelos e guapiños varios que non son requeridos para falar, opinar ou facer ningún outro traballo que non sexa poñer a cara, os bíceps e o paquete).
Non, Cranio, non estou de acordo. Iso dos homes que fan cine porno non é home obxecto (como non o son as mulheres por faceren tamén o cine porno), iso é outra cousa, un_a profesión, por est úpida que esta sexa. Os concursos de "misters" non son máis que un_a tímida réplica dos que sempre houbo de "misses".