Beatriz Mato di querer converter A Coruña nun "grande polo tecnolóxico"

A presidenta local do PP coruñés e candidata á Alcaldía, fixo estas declaracións no cuarto Encontros de Cidade.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/02/2019 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

A presidenta local do PP coruñés e candidata á Alcaldía, Beatriz Mato, expuxo converter A Coruña nun "gran polo tecnolóxico, na cuarta cita de 'Encontros de Cidade'.

Nel, Beatriz Mato explicou que un dos alicerces do seu programa electoral e de goberno será que a cidade sexa "un polo de atracción de innovación tecnolóxica".

"Estamos convencidos de que a principal vantaxe competitiva dunha cidade é, ademais da súa capacidade de colaborar, a súa capacidade innovadora", apuntou.

"Trátase, en definitiva, de atopar retos compartidos entre o Concello e o sector tecnolóxico para o desenvolvemento de proxectos de colaboración público e privada", expuxo na súa intervención.

Beatriz Mato en Encontros de Cidade. PP
Beatriz Mato en Encontros de Cidade. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta