É curioso que Ines Arrimadas diga, por exemplo, que Quim Torra non representa a Catalunya cando é o presidente da Generalitad, e o parlamento catalán è quen o nomea, è.este foi elixido democraticamente con as regras do estado Español...e ao mesmo tempo defenden a legalidade dun autoproclamado presidente noutro país alén do atlántico.
É curioso que nun conflito interno digan que non é necesario un mediador cando nun conflito doutro país a miles de quilómetros eles se erixen en mediadores e esixen a outro goberno unhas eleccións, ou tentan decidir quen é presidente ou non saltándose de forma grotesca o determinado no dereito internacional.
Somos unha democracia plena pero moléstanos que nos examinen observadores internacionais, e como somos unha democracia plena somos quen de dicirlle a outros países como teñen que actuar en democracia ingerindo na súa autonomía, nas súas regras internas, na súa política interna....sen olvidarnos que aquí mesmo o icono da dereita, Aznar, negociou, mediador incluído, con ETA.
Somos unha democracia plena pero mentres recoñecemos a Guaidó como autoproclamado presidente de Venezuela seguímoslle vendendo armas a Nicolas Maduro, presidente electo de Venezuela, (que a pasta é a pasta). Somos unha democracia plena pero non facemos nada cando Israel masacra ao pobo palestino, non intervimos no Yemen onde hai 14 millóns de persoas en situación de fame negra, porque alí mandan os de Arabia Saudita aos que tamén vendemos armas.
Somos unha democracia plena pero intervimos en Iraq porque había “armas de destrución masiva”. Somos unha democracia plena pero o Rey de España non pode ser entrevistado, non pode ser xulgado, non pode ser ofendido, e non pode ser votado.
Somos unha democracia plena pero prohibimos que un pobo como o catalán faga un referendo, (mesmo aínda que non sexa vinculante), cando outros pobos aos que queremos dar leccións de democracia como Canadá ou Reino Unido se permitiron facer referendo a rexións como Quebec ou Escocia.
Podería seguir poñendo exemplos ou equiparacións que dentro da “ironía da democracia plena" demostrarían máis e máis que somos un democracia pobre, ou mesmo unha pobre democracia.
O relator, fedatario, notario, mediador, impulsor, ou como lle queiran chamar, que intervirá, (se asi permíteno os partidos cataláns), é unha figura inocua, que non decidirà nada, non votarà, e tan só acreditarà o que alí se fale...por que tanto medo dos mal chamados partidos constitucionalistas a figuras imparciais?...porque tanto medo e inmobilismo adoutrinado desde os medios de comunicación do réxime do 78?.
En moitísimas negociacións do ámbito empresarial utilízanse mediadores, en moitas ocasións no ámbito social (sindicatos & patronal), utilizouse un mediador....é realmente un problema que alguén medie ou acredite algo?....volto a lembrar ao g8berno do PP dr Jose Maria Aznar negociando con ETA e con a utilizacion da figura do mediador.
Sen dúbida quen ten medo a esa figura é porque ten algo que ocultar. Din os medios do réxime que colocar un relator é aceptar unha medida esixida polo independentismo, Que concepto teñen estes medios da democracia?, porque ata onde eu sei a democracia é dialogar e negociar, chegar a acordos de consenso desde un punto de partida do disenso...è ceder.
O que queren os medios do réxime e a dereita española non é dialogar, é impoñer, algo que ocorre incuestionablemente nas ditaduras, pero logo somos unha democracia plena. O relator que se aceptou, nomeado ou imposto, persoalmente paréceme ben, e se a formula que farà que se chegue a unnconsenso e evite un confkito, ou a lo menos ai un 5% de posibilidades de quecasi sexa...ai que intentalo.
O que non me parece ben é que a solución de Cataluña quéirase obter desde os paus e as porras, desde a imposición e as detencións e xuízos sumarísimos por pensar diferente...e que non me digan o que di a constitución porque a constitución sáltana todos os días en innumerables artigos, e porque agora mesmo están a defender a un autoproclamado presidente que se saltou a constitución do seu país.
A escusa para defender a Guaidó é que é o mellor para o pobo, que o que importa son os venezolanos, que os DDHH son o primeiro. Pediríalles que apliquen as mesmas directrices a Cataluña, que non defendan o territorio senón ao pobo, que pensen nos cataláns e non na bandeira, que pensen nos DDHH de todos os cataláns, tamén aqueles que están presos, e que o estiveron ata agora sen pasar por un xuízo xusto.
Dirá Cidadáns, o PP e a ultradereita que o 50% dos cataláns tamén deben de ser escoitados, mais eles non queren escoitar ao 50% dos venezolanos que están a favor de Maduro. España ten un cancro que é a falta de coherencia dos seus políticos, a falta de vergoña e a falta de ética de quen nos goberna ou queren gobernarnos, ese problema é aínda maior que a corrupción, porque probablemente sen esa falta de coherencia, ética e sentido común non existiría a corrupción.
A falta de respecto do PP, Ciudadanos ou VOX por quen pensa ou pensamos diferente, polas minorías, ou polos que non son das súas ideas son en gran parte o que fan que España non teña unha democracia plena, e son o eixo central da necesidade dun relator neste tipo de diálogos, porque a dereita e ultradereita española non é de fiar...menten, enganan, rouban, e porque ademais fano sen ningún tipo de vergoña nin remordemento