Santiago acollerá un gran simposio sobre microcontaminantes en auga

O encontro científico terá lugar a mediados de xuño na Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2019 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE)  acollerá este mes de xuño o simposio ‘Presenza e eliminación de microcontaminantes en auga’. Un evento que terá lugar marco da rede Novedar que coordina o grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) da USC do profesor Juan M. Lema. 

Plástico en peixes capturados no río Miño
Plástico en peixes capturados no río Miño | Fonte: Aquamuseu Rio Minho

O encontro organizarase en catro sesión ordinarias, cada unha cunha conferencia convidada e presentacións complementarias, e unha a maiores con comunicacións curtas organizadas de maneira temática. Adicionalmente terá lugar unha mesa redonda de debate na que xa está confirmada a presenza de Juan Lema e Damià Barceló, profesor de investigación e subdirector do IDAEA–CSIC e director científico do ICRA.

Na sesión sobre a presenza de microcontaminantes en augas naturais e minerais o relator será Amadeo Fernández-Alba, catedrático de Química Analítica na Universidade de Almería e director do Laboratorio Europeo de Referencia para Residuos de Praguicidas. Pola súa banda, o catedrático en Enxeñaría Química da USC Francisco Omil será o conferenciante da sesión sobre o comportamento de microcontaminantes en EDAR.

Na xornada sobre os tratamentos intervirá como relator Sixto Malato, responsable da Unidade de Tratamentos Solares de Augas da Plataforma Solar de Almería do CIEMAT e co director CIESOL, mentres que Antonio Juan García Fernández, catedrático da Área de Toxicoloxía pola Universidade de Murcia e investigador principal do Grupo de Investigación de Toxicoloxía, fará o propio cos impactos.  O prazo de envío de traballos remata o vindeiro 1 de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta