Os residuos da construción tamén deberán xestionarse por separado desde Ano Novo e os envases dun só uso cobraranse a parte.
  comenta   0
Os consumidores parecen estar cada vez máis dispostos a pagar máis e a evitar os produtos do mar con exceso de envases, segundo un estudo. A pandemia de covid-19 disparou o interese nos chamados envases intelixentes.
  comenta   0
Científicos da Universidade de Santiago desenvolven un novo modelo para controlar as dinámicas de plásticos e microplásticos desde a súa entrada no mar. Alertan de que a maioría se acumula nos fondos mariños, o 80% procede de actividades en terra e as verteduras están aumentando.
  comenta   0
A Xunta e Ecoembes propoñen a 13 concellos incrementar nun 10% a recollida do colector amarelo.
  comenta   0
Unha investigación realizada en Galicia mostra como a fragmentación e degradación das máscaras cirúrxicas no medio acuático perturba a función reprodutora do peixe cebra. Unha evidencia máis que se suma ás múltiples alertas sobre a ameaza que supoñen para os ecosistemas mariños os centos de millóns de máscaras que acaban en mares e océanos, aumentando a contaminación por plásticos e microplásticos.
  comenta   0
A xornalista e escritora galega Paula Gonzalo publica a novela gráfica 'Tex Patton y la isla de plástico' para achegar este problema global aos máis novos. Estudos científicos identificaron importantes cantidades de microplásticos en sedimentos, aves mariñas e peixes das rías galegas.
  comenta   0
Fontes da compañía indican que a medida non responde a unha redución de custos, senón ao avance na sustentabilidade.
  comenta   0
O Goberno asegura que fará efectiva esta prohibición en España aínda que a transposición da directiva non vai chegar a tempo.
  comenta   0
O obxectivo é chegar a actuar en 2023 na totalidade da costa galega, mediante incentivos financeiros ao sector do mar, segundo recolle o texto aprobado.
  comenta   0
Establece como obxectivos a redución de residuos e outras medidas que incentiven a economía circular e a loita contra a obsolescencia programada.
  comenta   0
Varios proxectos buscan combater este problema, que causa perdas dun 5% ao sector pesqueiro.
  comenta   0
A Garda Civil atopou unha bolsa de plástico que o presunto autor supostamente soterrara cunha pistola, un chaleco reflector, uns grilletes, unha cadea metálica de varios metros de lonxitude, uns cadeados e varios cartuchos.
  comenta   0
Científicos alertan da presenza destes materiais sintéticos nos sedimentos de todas as rías e fronte á desembocadura do río Miño.
  comenta   0
Científicos atopan partículas de polímeros sintéticos no 78 % de mostras de exemplares destas especies capturados para un estudo en todo o Cantábrico e en augas atlánticas de Galicia.
  comenta   1
Un estudo centrouse sobre todo en polietileno, polipropileno e poliestireno, que son os tipos de plástico comercialmente máis prominentes e tamén máis desordenados.
  comenta   0
O golfo de Bizkaia constitúe unha zona de atrapamento para os plásticos que chegan a el. O 10% dos plásticos producidos no mundo acaban contaminando mares e oceanos. Representan xa o 70% da contaninación do espazo mariño.
  comenta   0
A Fundación Franz Weber lamenta o "analfabetismo ambiental" do partido, ao que acusa dunha "falsa" defensa do sector primario
"Estamos dando pasos cara atrás", lamentan as asociacións ecoloxistas. No medio da crise, a industria presiona para retrasar a normativa europea de plásticos dun só uso; moitas plantas de reciclaxe deixan de seleccionar os residuos; e a cidadanía, baixo unha sensación de falsa seguridade, regresa á cultura do 'usar e tirar'. Seguímonos "comendo o planeta".
  comenta   2
Segundo relataron as mesmas fontes policiais, atoparon no interior do futbolín unha bolsa de plástico de cor branca con 10 envoltorios plásticos con diferentes sustancias.
  comenta   0
A lei de residuos reducirá o plástico e as multas por chans contaminados poderán chegar a 1,75 millóns. Os concellos deberán instaurar a recollida separada dos biorresiduos municipais a finais de 2023.
  comenta   0
Reclaman reducir o uso de plásticos e atención aos máis vulnerables, ademais da posta en marcha do Consello Galego de Participación da Infancia, nunha nova edición de VII Foro UNICEF-Parlamento de Galicia.
  comenta   0
Paruagas, pistolas, xiringas, plástico... Plástico e máis plástico. María Arceo dedícase a recoller todo o lixo que vai atopando nos ríos e no mar. Lévao para o seu estudo, inspecciónao, codifícao e crea arte. A súa intención é visibilizar de maneira cuantitativa o plástico que contaminan as nosas augas. Tanto o seu discurso coma os seus actos son todo un alegato en defensa do medio ambiente.
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, sinalou a "firme aposta polo medio ambiente" para "unha comunidade máis verde e azul" e para que a "cidade tome nota".
  comenta   0
Eliminará por completo o uso de bolsas de plástico en 2020 e antes de 2025, o 100% do algodón, o liño e o poliéster que utilice será orgánico, sustentable ou reciclado.
  comenta   0
Un novo estudo feito polos biólogos Gonzalo Mucientes e Nuno Queiroz mostra o impacto destes materiais en quenllas e marraxos no Atlántico Norte e no Pacífico Sur. Galicia é unha potencia mundial na explotación comercial destas especies.
  comenta   1
Teachers For Future é un movemento que busca alertar da "emerxencia climática" que estamos a vivir e actuar en consecuencia nos centros de ensino. As súas reivindicacións van dende o apoio das enerxías renovables ata a substitución de obxectos "non sostibles" como as botellas de plástico dentro dos colexios. Fronte a isto, existe unha postura dentro do profesorado que non considera adecuada a praxe por parte do movemento.
  comenta   1
Un estudo científico identifica partículas de plásticos nas bólas formadas por restos de alimentos non dixeridos e regurxitados polos corvos mariños cristados da colonia de Ons. Os investigadores cren que os restos de nailon e poliéster atopados proveñen dos aparellos utilizados no cultivo de mexillón.
  comenta   0
Un total de tres incendios urbanos simultáneos foron rexistrados no barrio vigués de Bouzas. En concreto, orixináronse no toldo dun local, un colector e unhas cadeiras e mesas de plástico situadas en distintas partes da zona.
Científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e dos centros oceanográficos de Vigo e Murcia levaron a cabo un estudo mediante o que se confirmou a presenza de microplásticos na costa mediterránea española.
Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e da Agencia Española de Consumo, Seguridad Alimentaria y Nutrición alertan da presenza de diversos axentes químicos contaminantes en comida envasada con plásticos que, combinados, son potencialmente perigosos para os consumidores.
  comenta   0