Villares sobre comer un plástico accidentalmente: "Entran por onde entran e saen por onde saen"

O conselleiro do Mar asegura que se está prexudicando o sector da pesca.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/01/2024 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dixo que el non come "os aparatos dixestivos dos peixes" nos que haxa microplásticos, aínda que apunta que "calquera persoa" pode comer "ás veces accidentalmente algún plástico". "Entra por onde entran e saen por onde saen", afirma.

"Estamos a prexudicar moitísimo ao sector e non estamos a ser realistas", asegura sobre o impacto da vertedura de plásticos na pesca nunhas declaracións aos medios este mércores en Sanxenxo con motivo dunha reunión con confrarías.

"Outra cousa é que non se se por parte dalgún cidadán come todos os aparellos dixestivos dos peixes, non sei, eu non, eu tento apartar o aparello dixestivo", asegura.

"Son produtos que entran, coma se calquera persoa que o comemos e que ás veces accidentalmente algún plástico... pois saen e entran por onde entran e saen por onde saen", agregou Villares.

Por outra banda, reclamou actuar ao Goberno central. "Canto temos que esperar?, estamos a esperar a que veña o material sen saber que ese colector xa está baleiro ou cheo, igual o colector ten sacos dentro", quéixase. "Iso quen o ten que saber e quen ten competencias para iso de seguridade marítima e de traballos no mar é o Estado", engade.

Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, en declaracións. XUNTA
Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, en declaracións. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta