Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/02/2019 | Actualizada ás 16:18
A ONG LGBT España denuncia a "situación de desamparo e discriminación" que esta organización "vén sufrindo desde hai tres anos por parte das institucións afíns á Xunta de Galicia e do grupo político que a preside", o Partido Popular.
O colectivo LGBT lamenta que a Secretaría Xeral de Igualdade "dea as costas" ao seu proxecto audiovisual psicopedagóxico sobre violencia de xénero e acoso homófobo. "Sen o seu apoio moral e institucional péchansenos demasiadas portas para que o proxecto se realice coa normalidade e profesionalidade que nos esiximos", expón Juanjo Ruiz, presidente da ONG.
Con todo, a organización recoñécese "suficientemente capacitada para facer realidade o proxecto sen o apoio das institucións" e aclara que "o apoio solicitado nunca tivo uhna finalidade de tipo económico, senón moral e institucional".
mais denuncia que con este "rexeitamento" da Xunta se "están a vulnerar os nosos lexítimos dereitos como organización sen ánimo de lucro". Por iso, Ruiz anuncia que en próximas datas iniciarán as "accións xurídico-legais pertinentes que resolvan esta inxustiza".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.