O falcón abelleiro, una nova solución para rematar coas velutinas

Un estudo destaca que en 2018 esta ave puido ter rematado con 728 niños de asiáticas na zona do Morrazo. Desde AGA apuntan ao trampeo como outra forma eficaz de rematar con esta praga.

Por Galicia Confidencial | Arzúa | 15/02/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Un falcón pode a ser a nova solución para loitar contra as velutinas. E non é un falcón calquera, senón o abelleiro, presente no norte da penísula Ibérica. Este método, que xa se está utilizando en distintas partes de Galicia, conta xa con estudos que destacan a súa efectividade para reducir as colonias da vespa asiática. 

Falcón abelleiro
Falcón abelleiro | Fonte: Halconeros de Castilla

José Manuel Fernández, investigador da Universidade de Alcalá de Henares, presentaba esta pasada fin de semana no Día do Apicultor, celebrado en Arzúa, un estudo realizado nas zonas do Morrazo e Salnés, sobre o efecto na poboación de Vespa velutina ante a presenza do falcón abelleiro. Os resultados indican que o 70% da alimentación do falcón provén de avespas grandes, tanto a Vespa velutina como a autóctona Vespa crabro.

Fernández insiste en que, polos datos obtidos, o falcón abelleiro está especializando a súa dieta na asiática, “posiblemente por ter máis cantidade ó seu alcance”. Ademais, suliñou que, dende o 2015, está medrando a poboación de falcón abelleiro, coincidindo co avance da praga do tártago asiático nesta comarca, e estímase que no 2018 puideron ser consumidos por estas aves 728 niños.

POTENCIAR OS TRAMPEOS

Con todo, os espertos coinciden en que esta medida non pode ser a única para frear a Vespa velutina, pero sí podería axudar a controlala en conxunto con outras ferramentas. Neste sentido, José Mª Bello, delegado da Asociación Galega de Apicultura (AGA) no Morrazo, destaca a importancia do trampeo, a participación veciñal e a implicación dos concellos para rematar con esta praga. 

Os datos que ten recollidos durante estes anos de loita no Morrazo, comparados entre as diferentes prácticas dos concellos da comarca, indican que cun trampeo ben organizado na primavera redúcese de forma significativa o número de niños a retirar no verán. 

Pola súa banda, Sandra Rojas, investigadora da Universidade de Vigo, ten realizado un traballo sobre localización de niños utilizando marcaxe de individuos e trazando as rutas que realizan para alimentarse utilizando cebos. Unha investigación que, segundo o sector, é “de moita utilidade para estudiar as zonas de maior densidade de niños e cales son as causas desa ubicación”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta