A Xunta fai gala de aumentar un 12% o orzamento para mellorar os portos galegos

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, considera que "poden converterse en verdadeiras cidades" se se aposta por introducir novas tecnoloxías nas súas instalacións

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

A consellería do Mar, Rosa Quintana, compromete os investimentos necesarios para as infraestruturas portuarias, que contan cun orzamento de 14,5 millóns para este ano, un 12% máis que en 2018.

Así o destacou Quintana na inauguración da xornada técnica 'Portos de Galicia, oportunidades de futuro', na cal subliñou que a Xunta destinou un total de 186 millóns para os portos entre 2009 e 2018. Apunta que nese período o tráfico de mercadorías creceu un 60%, cun movemento de 1,8 millóns de toneladas en 2018. Pola súa banda, na náutica recreativa houbo un crecemento do 5% o ano pasado, o primeiro que se alcanzan os 10.000 tránsitos anuais.

A conselleira afirma que os 122 portos de titularidade autonómica "poden converterse en verdadeiras cidades", polo que ve necesario "introducir melloras nas tecnoloxías de dotación das instalacións". "Sigamos traballando en favor do desenvolvemento social, económico e ambiental de Galicia, porque, como di o título desta xornada, os portos de Galicia son o futuro", asegurou.

Porto de Vigo
Porto de Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta