Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2019 | Actualizada ás 16:37
O Goberno galego deu luz verde este xoves o proxecto de reforma da Lei de Ordenación Farmacéutica de 1999, que garantirá a dispensación de medicamento en zonas menos poboadas coa posibilidade de que as farmacias poidan abrir establecementos anexos a estas en parroquias ou poboacións de "difícil acceso" ou onde non haxa boticas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na comparecencia posterior á reunión co seu Executivo, explicou que a reforma da normativa prevé "garantir" esta prestación a todos os municipios galegos.
Así, outra das novas medidas da lei será, segundo indicou o titular do Goberno galego, a anulación "automática" dos concursos de traslados dos farmacéuticos se a causa do mesmo o establecemento anterior deixa "sen prestación" a un municipio.
Así mesmo, a reforma permitirá a entrega a domicilio de determinados produtos en supostos excepcionais, así como a venda por Internet para produtos de parafarmacia, o que estará restrinxido para os medicamentos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.