Unha galega á conquista do Atlántico: preparando a viaxe

Maite Rojo é patroa de barco e gobernará, por primeira vez, un barco desde as Palmas de Gran Canaria ata Tórtola, nas Illas Virxes Británicas, cruzando todo o Océano Atlántico. Na sección "Dominando os mares" irá contando o seu día a día nunha travesía de 3.000 millas á fronte dun veleiro de 19 metros.

Por Galicia Confidencial | Oceano Atlántico | 12/03/2019 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Empeza a miña pequena aventura collendo un voo de Santiago de Compostela a Las Palmas de Gran Canaria. No aeroporto ao aterrar coñezo a unha inglesa que será parte da tripulación. Ao chegar á mariña e ver o barco atracado gústame a idea de navegar dunha banda a outra do océano. Instalámonos.  Coñezo a outro colega mariño escocés para a travesía (falo de tripulante como alguén que axuda e mariño a alguén encargado da navegación e trimado das veas).

O porto das Palmas desde o veleiro que tripulará Maite
O porto das Palmas desde o veleiro que tripulará Maite | Fonte: cedida

O resto da tripulación xa se coñecían ao mover xuntos o veleiro de Mallorca a Canarias pero, casualidades da vida, o escocés e mais eu xa nos coñeciamos e temos un amigo en común. O mundo, ao final, é un pano. Pola tarde apareceu o encargado do barco que é francés e comezamos a planificar.

Ordenar e estibar a equipaxe é unha parte moi importante dunha navegación como esta. E con iso rematamos o día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta