O concurso de carteis escolares sobre as Letras Galegas xa ten gañadores

Un centro de Carballo e outro de Vigo conseguiron 2.000 euros en metálico

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2019 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

O CEIP Xesús San Luís Romero, de Carballo (A Coruña), e o IES Álvaro Cunqueiro, de Vigo, gañaron o concurso de carteis que organizan as consellerías de Cultura e Educación co gallo das Letras Galegas.

En concreto, o centro carballés alzouse co premio na categoría de infantil e primaria coa mostra 'Antonio Fraguas, con A de agarimo e F de folclore', mentres o instituto vigués leva o galardón no apartado de secundaria polo traballo 'Insuela'. Cada un dos centros recibirá 2.000 euros en metálico, mentres os profesores implicados terán unha certificación de premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación.

Ademais, Política Lingüística distribuirá as exposicións coas súas guías didácticas por máis de 2.000 puntos de Galicia e o exterior para dar a coñecer a figura de Antonio Fraguas. Nas próximas semanas serán publicados tamén no Portal da Lingua Galega.

O xurado encargado do Concurso-Exposición Letras Galegas 2019 destaca do traballo do centro de Carballo que é "un harmonioso conxunto de carteis no que coidado estético se combina co emprego das tecnoloxías da información e da comunicación", mentres que da proposta do instituto vigués valora a súa "perfección técnica".

Antón Fraguas, homenaxeado do Día das Letras de 2019. RAG
Antón Fraguas, homenaxeado do Día das Letras de 2019. RAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta