Galicia, destino escollido para promocionar o turismo español en Polonia

Na Semana do Cinema Español, o Camiño de Santiago terá un oco especial, xa que o pobo polaco é un dos que maior interese mostra por este atractivo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2019 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

A comunidade galega foi seleccionada como destino turístico español que protagonice a XIX edición da Semana do Cinema Español que se está celebrando en Polonia.

Turespaña escolleu a Galicia entre todos os destinos españois coa intención de impulsar a súa promoción ata o próximo mes de abril neste país, especialmente interesado no Camiño de Santiago. A comunidade protagonizou esta semana a inauguración do festival en Varsovia, cunha presentación do destino a cargo da directora da área de Promoción da Axencia Turismo de Galicia, Carmen Pita.

Ademais, Galicia aparecerá nomeada nos comunicados que se fan en relación ao certame, no material promocional impreso e nun libreto no que incide na relación de Galicia co cinema e a súa importancia a nivel nacional e internacional.

Polonia é un dos países que máis interese mostran polo Camiño de Santiago. Segundo as cifras da Oficina do Peregrino, o ano pasado recolleron a Compostela preto de 5.000 peregrino, cando a cifra, dez anos antes, era de só 1.000.

A Semana do Cinema Español de Polonia recompila cada ano diferentes producións españolas dos últimos anos e está organizada pola Axencia de Promoción Mañana en colaboración coa Embaixada de España, Turespeaña e o Instituto Cervantes de Cracovia.

Camiño de Santiago
Camiño de Santiago | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta