O BNG de Lalín promete unha "revolución" para o rural do concello

Ana Pontón pediu o voto para o candidato á alcaldía, Francisco Vilariño, tras ser "motor de cambio"

Por E.P. | PONTEVEDRA | 16/03/2019 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu o voto para o BNG en Lalín (Pontevedra) tras ser "motor de cambio" nas últimas municipais na localidade. Desta volta, o candidato anuncia unha aposta polo  ámbito rural.

Este sábado Pontón presentou ao candidato dos nacionalistas á alcaldía, Francisco Vilariño,  anuncia unha "revolución" para o rural lalinense co fin de "corrixir o déficit de servizos". Para iso, propón empezar "por levar a rede de sumidoiros a todo o territorio municipal".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG

Ademais, asegura que o Bloque non vai deixar de loitar ata conseguir unha AP-53 sen peaxes e compromete un goberno dialogante pero firme para "mellorar a vida dos veciños". Afirma que o Bloque "vai a por todas" e "sen complexos".

Respecto diso, a portavoz nacional subliñou o "gran traballo" do candidato para deixar atrás "o caciquismo e o dispendio" da etapa do PP en Lalín, "sempre pondo por diante o interese social".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Cachamuíña

Se Cuíña pai resucitara...

1 De Lalín

As muletas do cacique de Lalin falando de cambio. Méxome.

1 Xanc

Se queres saber de caciques e cacicadas fala con Martiño, Gómez Reino, Antón Sánchez, Yolanda En Común, Eva Solla... Todo por un cargo! Yo por mi cargo, ma-to!