A pensión media por xubilación en Galicia subiu un 6% pero segue sendo das máis baixas do estado.

O número de pensións na Comunidade sitúase en 764.756 persoas que perciben 836 euros de media, a segunda contía máis baixa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2019 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

O número de pensionistas por xubilación en Galicia ascende en marzo de 2019 a un total de 477.845 persoas, que perciben unha contía media duns 950,09 euros, segundo datos que deu a coñecer este martes o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Traballo.

Por provincias, os xubilados de Pontevedra son os que perciben as pensións máis altas, cunha media de 1.008,72 euros; seguidos de preto pola Coruña, con 1.006,18 euros; e pechan Lugo (836,36) e Ourense, (789,88).

Na Comunidade galega hai un total de 764.756 pensionistas por diversas prestacións, un 0,5% máis con respecto a marzo de 2018. A cantidade media destas é de 836,28 euros, de modo que se incrementaron un 5,9% no último ano a pesar de ser aínda a segunda máis baixa de España --tan só supera a Estremadura, con 821 euros mensuais--.

As pensións por xubilación mantéñense como as máis numerosas, mentres que as segundas son as de incapacidade permanente, con 69.952 perceptores cunha media de 873,30 euros. As pensións de orfandade son as terceiras, con 23.643 beneficiarios de 397,79 euros mensuais, e pechan a lista as percibidas en favor de familiares, cunha media de 512,70 euros.

TOTAL ESPAÑA

A Seguridade Social destinou neste mes de marzo unha cifra récord de 9.576,4 millóns de euros ao pago das pensións contributivas en toda España, un 7% máis que no mesmo mes de 2018. O crecemento do gasto en marzo sitúase no 5,1% en termos homoxéneos, é dicir, tendo en conta a revalorización definitiva das pensións en 2018 (aprobouse en xullo e aplicouse con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro).

Xubilados galegos na Alameda de Santiago, pensionistas. EUROPA PRESS - Arquivo
Xubilados galegos na Alameda de Santiago, pensionistas. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta