Situación da vaga de lumes: Controlados o lume de Dodro e Rianxo, outro en Toques e extinguido o do Barco

Extinguidos os lumes do Barco de Valdeorras, Chandrexa de Queixa e Calvos de Randín, que afectaron a 120, 70 e 7 hectáreas respectivamente.

Por Galicia Confidencial | Rianxo | 27/03/2019 | Actualizada ás 09:22

Comparte esta noticia

GALERÍA DE IMAXES: Así é o gran lume que está consumindo parte do Barbanza

Incendios en San Mamede
Incendios en San Mamede

Medios terrestres continúan na mañá deste xoves "refrescando e controlando" o incendio forestal declarado o luns que afecta os municipios coruñeses de Dodro e Rianxo, onde arderon 1.120 hectáreas. Mentres, quedou extinguido outro lume que queimou 35 hectáreas en Toques (A Coruña).

Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, o incendio que o pasado luns se orixinou no municipio coruñés de Dodro e que se propagou ao de Rianxo quedou controlado a noite deste mércores, tras 48 horas nas que se calcinaron 1.120 hectáreas.

OUTROS INCENDIOS

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ás 08.00 horas hoxe.

Estabilizado Dodro-Rianxo

Permanece controlado e estabilizado desde as 12,15 h. deste mediodía o incendio que afecta os concellos coruñeses de Dodro e Rianxo, é dicir, sen ningunha fronte de chama activa. Este lume comezara o pasado luns ás 20,09 h. na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro. Segundo as últimas estimacións provisionais, ata que se parametrice o lume unha vez rematado, afecta unha superficie dunhas 850 hectáreas.

Neste incendio foi preciso decretar onte a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro, e esta mañá foi desactivada. No control deste lume mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 43 axentes, 42 brigadas, 29 motobombas, 5 pas, 7 helicópteros, 5 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Extinguido un lume no concello coruñés de Toques, parroquia da Capela, que afecta provisionalmente 35 hectáreas

Extinguido o do Barco de Valdeorras

Na madrugada deste xoves quedaba extinguido o lume rexistrado no concello ourensán do Barco de Valdeorras, parroquia de Santigoso, tras comezar onte ás 20,45 h. Este lume iniciábase con dous focos, o que amosa a clara intencionalidade, e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 121 hectáreas, das cales 11 son de monte arborado e 110 de monte raso. Este calculo é aproximado ata que se extinga o incendio. Nel están traballando 2 técnicos, 10 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 helicóptero e 4 avións.

Extinguido Chandrexa de Queixa
O incendio do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parada Seca, que comezaba onte ás 22,35 h. quedou extinguido ás 19,28 h. Segundo as últimas estimacións afectou 70 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 4 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas, 1 helicóptero e 1 avión.

Extinguido Calvos de Randín
Extinguido ás 16,29 h. o lume do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que entrou por Portugal ás 3,40 h. desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 7 hectáreas de arborado dentro do parque natural do Xurés, o resto está en territorio portugués. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

DECLARACIÓNS POLÍTICAS

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou este mércores o "carácter xeral intencionado" dunha "vaga de incendios" que o BNG achaca á súa política forestal. Feijóo quixo felicitar os servizos de emerxencia, tanto autonómicos como do Goberno central, polo traballo feito durante estes últimos días en distintos puntos de Galicia.

Expresou a súa esperanza de "que o vento do nordeste amaine", aínda que "lamentablemente non vai ser así nin hoxe -este mércores- nin mañá -por este xoves-". Así o fixo durante a súa comparecencia no pleno do Parlamento de Galicia este mércores, onde a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ademais de trasladar a súa "solidariedade" aos veciños destas zonas, relacionou os lumes coas políticas forestais "ao servizo de Ence" que converten a Galicia "nunha polvoreira".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta