Unha galega á conquista do Atlántico: Comeza a travesía

Maite Rojo é patroa de barco e gobernará, por primeira vez, un barco desde as Palmas de Gran Canaria ata Tórtola, nas Illas Virxes Británicas, cruzando todo o Océano Atlántico. Na sección "Dominando os mares" irá contando o seu día a día nunha travesía de 3.000 millas á fronte dun veleiro de 19 metros.

Por Galicia Confidencial | Canarias | 29/03/2019 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Luns e martes a tripulación enteira fixo modificacións no barco. Os winches principais teñen rápido ou lento de acordo coa carga. O rápido é moi rápido e ten máis ou menos para manobrar, mentres que o variable/lento non é necesario sempre. Instalamos un botón extra para unha velocidade media e o outro queda como lento ou rápido. Moi interesante tradear e facer traballos de electricidade vendo os bos resultados.

Maite dirixindo o barco co que cruza o Atlántico
Maite dirixindo o barco co que cruza o Atlántico

Isto déixanos un winche en manual para utilizar con maneta e xusto á beira un winche maior con tres velocidades sen ter que pór e sacar o cabo xa en tensión. O manual seranos de gran axuda para mover o carro do Xénova, ao cal se lle modificou o seu cabo para maior comodidade sen saír da bañeira.

Revisamos o watermaker, 'grab bag' ou bolsa estanca con toda a seguridade de a bordo, fichas pasadas a computador de Mayday e mesmo recoñecemento das maletas de primeiros auxilios, pensando no peor por se houbese un abandono de buque. 

A meteoroloxía ao mesmo tempo que unha ruta a seguir, son meditados unha e outra vez, ata que queda claro a todos. Aínda que sempre hai que deixar o factor improvisación pois a meteoroloxía non é unha ciencia exacta, co cal non ten ningún sentido desenvolver 20 días senón máis ben de tres en tres.

O Martes é máis un día de provisións, é incrible ver tres semanas de comida cargadas a bordo e despois estibadas de forma que non se estraguen, que non lles do sol ou demasiada calor dentro dun moble que este próximo a algo mecánico.

A IMPORTANCIA DO COMBUSTIBLE

Engadimos combustible nos tanques e auga, ademais de ter algún bidón extra de diesel, que nos dá dous ou tres días máis de funcionamento do xerador.

E facemos a nosa última coada, porque aínda que levamos unha lavadora secadora a bordo e un lavalouzas, utiliza demasiada potencia de electricidade que sairá das baterías e inverter.

Para unha viaxe de tres semanas, cando cargamos uns 1900 litros de combustible, temos que arrincar o xerador para cargar as baterías e utilizar cousas imprescindibles como a potabilizadora da auga ( aínda que tamén levamos garrafas de auga no caso de que a potabilizadora fallase ), ou arrincar o motor cando sexa necesario pola falta de vento.

Queimamos 6 litros hora cando utilizamos o motor. O xerador utiliza menos combustible dependendo da carga e é máis efectivo en recargar as baterías, ou iso pensabamos antes de saír, aínda que logo veremos que o motor é máis rápido pero non podemos facer auga coa potabilizadora ao mesmo tempo.

Coa predición meteorolóxica de pouco vento temos que ser conservadores. Tamén haberá normas rigorosas para tratar de usar o menos posible as luces ou recargar material que non sexa necesario, e así utilizar ao máximo a electrónica de navegación e seguridade. Só recargaremos cando o xerador ou motor estea en marcha. Así que tamén utilizamos cargadores externos para uso persoal.

SAÍDA DAS CANARIAS

Saímos a navegar ás 11:00 am do mércores, con predición de vento frouxo para cruzar o Atlántico. A nosa estratexia en principio será ir ao sur cara a Cabo Verde, que é a ruta tradicional para coller os ventos portantes, ao mesmo tempo que aproveitar eses ventos e tentar ir o máis directo posible ás Bvis ou Illas virxes Británicas, coa menor navegación en millas posible.

Temos gardas de 4 horas solapadas, así que con 6 persoas a bordo, hai dúas horas de garda cunha persoa e dúas horas con outra, ademais de ter compañía e axuda.

As miñas gardas será de 16:00 a 20:00 pm e de 4:00 a 8:00 am así verei as postas de sol e os amenceres. Teremos unha rutina para a preparación de comidas, cada día por unha persoa diferente. O menu é creativo por exemplo uns mexillóns ao vapor para a comida e un salmón con vexetais para a cea. Nos almorzos pola gardas cada un levantarase en diferentes horarios e prepararase ao seu gusto. Estamos ben provistos para 3 semanas aínda que a viaxe debería durar menos.

Tivemos un día asollado e precioso, aínda que durante o día tivemos que ir a motor co Genova cruzando a costa das Palmas e durante a noite puidemos navegar con Maior incluída, chegando a unha velocidade de 6 nós o que nos fixo alcanzar as 144 millas navegadas nas nosas primeiras 24 horas.

Esa noite foi das poucas entre as que avistamos un buque mercante a unhas 2 millas ( pois a canle de tráfico pasa máis preto da costa africana) , aínda que todo os instrumentos dan a razón, aínda é emocionante coller os prismáticos e ver as súas luces que parecen moito máis próximas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta