Nova concentración dos traballadores da CRTVG

Cando se cumpre un ano dos despedimentos nas delegacións, varios traballadores da CRTVG realizarán unha protesta o sábado en Pontevedra. Por outra banda, o actor Carlos Blanco apoia aos traballadores a través dun vídeo.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 23/11/2011 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

Os delegados de persoal das catro delegacións da CRTVG convocan unha concentración de protesta en Pontevedra para o sábado 26 ás 12:30 da mañá na Praza da Ferrería. Con este acto de protesta queren manifestar o rexeitamento as accións emprendidas pola dirección da CRTVG o 30 de novembro de 2010 cando, por sorpresa, se levou a cabo o peche das Delegacións de Pontevedra, Ferrol, Burela, Bruxelas e Porto e foron despedidos 48 traballadores.

Na actualidade, a falta de que saian máis sentenzas, trece deses empregados tiveron que ser readmitidos pola CRTVG. Malia todo, a empresa non ten previsto reabrir as Delegacións pechadas. Por este motivo, traballadores das catro Delegacións que ten a CRTVG queren invitar a toda a cidadanía de Pontevedra e das comarcas do Morrazo, Caldas e O Salnés, a toda a comarca de Ferrolterra e a Mariña lucense a concentrarse para reclamar a recuperación dos centros pechados hai un ano.

Readmisión de traballadores
 
"Dentro da suma de despropósitos por parte da dirección da CRTVG, abriu expediente á Delegada de Pontevedra e aos Delegados de Vigo e Lugo por defender e testificar nos xuízos a favor de compañeiros despedidos inxustamente e que agora tiveron que ser readmitidos pola empresa tralas sentenzas xudiciais", apuntan nun comunicado. Malia todo, os principais responsables de Recursos Humanos da CRTVG aseguran repetidamente que os centros de traballo pechados non se van volver abrir.
 
Co peche da Delegación, Pontevedra é a única capital de provincia galega sen sede da CRTVG. No último ano, a cantidade de informacións procedentes desta área de poboación diminuíu en máis dun 80% nos espazos informativos da empresa pública. Igualmente co peche de Ferrol o apagón informativo desta área é do 90%, perdendo a comarca de ferrolterra unha hora de programación local a semana.

None

Por outra banda os traballadores seguen coa súa campaña para defender o carácter público de emisora, agora especialmente ameazado tras a vitoria de Rajoy, pois o PP prometeu privatizar algunha das autonómicas. Dentro desa campaña publicouse este interesante vídeo de Carlos Blanco:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

1 Manolo2

No estaría mal que hubieran escogido para apoyar sus intereses a un "artista" que se hubiese beneficiado menos del dinero público. Más que nada por intentar aparentar ser un poco neutral, cosa que ya se puede apreciar que ni se molestan en ocultar. PRIVATIZACIÓN O CIERRE DE LA TELEGAITA YA. Que la pague el que la quiera ver.

1 ManoloInfinito

Privatización o cierre de las autovías, que las pague quien quiera ir por ellas!

2 Manolo2

Desgraciadamente ya hay unas cuantas autovías privatizadas. Pero, ¿no compararás la necesidad de carreteras asfaltadas con la del trinque de dinero público por los de siempre? País de lacayos.

3 ManoloInfinito

Privatización o cierre de las bibliotecas, que las pague quien quiera leer libros!

4 Chosco

Que privaticen as farolas, e que as paguen os que ven.

5 Santiago

Privatización da policía xa! Que a paguen os que queiran levar uns zurriagazos!! Privatización do exército, que o paguen os países que queiran ser "salvados" por eles.

6 Santiago

e por Diosssss... privatizacións dos parlamentos!! que os paguen os que os queiran

7 Manolo2

No cuela muchachos. Subvención total para los panaderos, libreros, abogados, supermercados, tiendas de ropa y fábricas de coches.