Os Derradeiros estrean unha canción que denuncia o racismo na prensa galega

A xénese da canción é unha agresión fai un ano contra un rapaz en Vigo que vivía na rúa.

Por Brais Nogueira | Vigo | 02/04/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O grupo galego de punk-rock Os Derradeiros sacou un tema denunciando o racismo na prensa. O single, que leva por título Racismo, fai alusión a unha agresión a un rapaz que vivía na rúa en Vigo. Oito persoas, ao berro de "negro", bateron nel e remataron tirándoo nun contedor.

Campaña contra o racismo
Campaña contra o racismo | Fonte: EP

A xénese da canción está na cobertura que lle deu un xornalista de La Voz de Galicia a estes feitos afirmando que non parecía un ataque de odio senón que todo apuntaba a "uns mozos ebrios que gritaron frases con lemas racistas". No traballo tamén se sinala á actuación policial que segundo o grupo dicían que "eles non tiñan constancia de nada e que eles non tiñan unha investigación aberta".

Tamén fan fincapé no racismo subliminar que moitas veces pode atoparse nos medios de comunicación, onde é habitual ler frases como "o sen teito subsahariano afirma", en vez de dicir "a vítima" ou o seu nome. Esta canción forma parte de Anónimos, un EP xa dispoñible para a súa escoita

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta