Por E.P. | A CORUÑA | 02/04/2019 | Actualizada ás 18:38
O servizo de bombeiros da Coruña renovou os seus sistemas de comunicación, que pasan a ser dixitais, o que supón "un aumento nas funcionalidades e na seguridade do cadro de persoal". Diso informou o Consistorio coincidindo coa visita ás instalacións da concelleira responsble de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga.
Sobre o sistema, destaca que permitirá "comunicacións máis estables e intelixibles durante as operacións". Ademais, incorpora a posición xeográfica de todos os equipos, o que permitirá saber onde están vehículos e persoal. O equipo incorpora tamén o sistema de "persoa caída" polo que un terminal pode lanzar de maneira automática un sinal de emerxencia aos demais terminais cando unha persoa leva tempo sen moverse.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.