O conselleiro de Medio Rural non consegue calmar o temor á contaminación por xurros na Limia

Di que o principal obxectivo da Xunta é "apoiar o mantemento dunha actividade agrogandeira rendible e sustentable nesta comarca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, presidiu este mércores a constitución e a primeira reunión da Mesa da Limia, na que participaron representantes do sector agrogandeiro da comarca, produtores de patacas, ecoloxistas, regadoras, asociacións profesionais agrarias e responsables da Xunta e doutras administracións.

O titular de Medio Rural destacou, segundo informa a consellería nunha nota de prensa, a importancia que terán a futura lei de recuperación e posta en valor das terras agrarias de Galicia e o reforzo da calidade agroalimentaria.

Acudiu a Xinzo para escoitar as demandas e preocupacións dos axentes económicos e sociais da comarca e sinalou, segundo o comunicado, que o principal obxectivo da Xunta é "apoiar o mantemento dunha actividade agrogandeira rendible e sustentable nesta comarca e, por extensión, en toda Galicia".

González afirmou que as políticas da consellería "camiñan na liña de recuperar e pór en valor as terras agrarias, para o que se está elaborando unha lei específica, así como na potenciación da calidade das producións do agro, como referencia fundamental do medio rural".

Protesta de ambientalistas e políticos de En Marea e AGE Europa diante dun monte de xurro na Limia descargado por Coren
Protesta de ambientalistas e políticos de En Marea e AGE Europa diante dun monte de xurro na Limia descargado por Coren | Fonte: LS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta