A USC tamén se desfai dos seus investigadores

Un total de 17 investigadores están a piques de quedar en paro a pesar de que a Universidade de Santiago comprometeuse a ofrecerlles contratos estables baixo o programa de captación de persoal investigador Isidro Parga Pondal (IPP).

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/12/2011 | Actualizada ás 00:22

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela é un dos focos máis importantes de investigación de Galicia. Un dos programas pioneiros no fomento da investigación é o Programa Isidro Parga Pondal, a través dos que a USC captou persoal investigador en forma de bolsas-contrato que tras un período de tempo deberían rematar en contratos estábeis se superan  a correspondente avaliación.

Pero, cinco anos despois, 17 investigadores da USC levan recibindo bolsas-contrato da Xunta, á espera de obter un contrato definitivo. Desde entón publicaron 331 artigos en revistas científicas, rexistraron 9 patentes, dirixiron 13 teses doutorais e coordinan como investigadores principais 16 proxectos que captaron un financiamento de 1 millón de euros. Entre o 15 e o 20% destes fondos van parar directamente ás arcas da USC.

Rematan en Nadal


As súas bolsas-contrato finalizan o 28 de decembro, pero había un compromiso de estabilización a través de convocatoria de prazas por por parte da USC para todos os investigadores que obtivesen unha avaliación positiva no programa. Sen embargo, o equipo de goberno da USC non ten intención de cumprir ese acordo de contratar aos que teñan superado a finais do mes de Nadal a avaliación pactada.

O reitor xa anunciou que a USC só ten capacidade de contratar a 5 dos 17 e carga toda a responsabilidade na Xunta e no anterior equipo reitoral por encher as facultades con profesores de máis.

Campaña

Unhas explicacións que non convencen aos investigadores afectados que comezaron xa as mobilizacións e unha campaña activa na rede para pedirlle á Reitoría da USC que recapacite e asuma eses contratos porque contan co apoio económico da Xunta. "Axúdanos a esixir ao Reitor da Universidade de Compostela que manteña o seu compromiso convocando as prazas necesarias para aqueles investigadores que participaron con éxito neste programa", apuntan os afectados nunha misiva na que piden o maior número de apoios para remitila ao

"Non serven as escusas económicas e estruturais expostas. Calquera problema estrutural de distribución de persoal xa existía en xuño, cando se dicía que as limitacións serían unicamente económicas. En canto a estas, son claramente superables, xa que a Xunta xa ten comprometidos durante 3 anos máis os contratos das persoas que consigan a estabilización", indican nesta carta que xa conta con 2.000 apoios. Podes sumarte á campaña aquí.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Gromit

... e com certeza a língua empregada para investigarem e comunicarem com o reitor tem que ser o espanhol! Eles passaram pela universidade más a universidade não passara por eles.

2 estudante denuncia

1 Español y punto

Si todas estas personas son tan buenos profesionales que se busquen trabajo en la empresa privada. Lo que pasa es que hay mucho galleguista que quiere vivir del cuento y Feijóo les esta cortando a todos el grifo, como es natural. ¡España primero por mucho que les joda a los paletos galleguistas!

1 Xanuco

Como se nota que non sabes do que falas. Eu teño catro coñecidos con esas bolsas ña USC, unha de Valladolid, outro de Lugo, outro asturiano e outro de Alicante. Evidentemente non atoparian traballo no sector privado galego (bares, tendas e consultoras de subvención), pero todos eles teñen sempre a posibilidade de traballar en laboratorios alemáns, británicos ou nos EEUU. Escribir nun foro non é tomar as cañas cos amiguetes no casino. Demagogo.

2 A.V.

Carallo, seica a investigación xenética ou das aplicacións do láser son cousas de "paletos galleguistas". Dí que sí, ho, que se deixen de tanta investigación e tanto laboratorio, que iso é pouco español, que xa se sabe aquilo de "que inventen ellos". Aquí hai que ser os máis hiperespañolísimos, e para ser unha boa provincia española hai que ser camareiros, albanéis ou, se algún aspira a ser recoñecido, que se meta torero.

3 Investigador agrario

As persoas licenciadas que decidiron optar pola carreira investigadora (bolsa de doutoramento, traballo duro e en precario, ilusión polo coñecemento.....) fan uha das apostas máis fermosas e necesarias que neste país haxa. Español y punto? Pobre iñorante babexante! Ao mesmo nível que os actuais xestores da destrución da economía e da cultura galega.

4 Ano Mariano

As veces penso que estas caralladas as escriben os redactores para salpimentar a cousa. Non imaxino que unha persoa estábel emocionalmente diga un disparate tan grande. Paletos galleguistas, soa demasiado rancio.