PSOE e PP empatarían a dez escanos, e BNG e En Marea non terían representación en Madrid

O partido de Rivera conseguiría un e os de Pablo Iglesias, dous. Vox quedaría ás portas de obter representación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2019 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A subida do PSOE e a caída do PP deixaría aos dous principais partidos estatais empatados en escanos en Galicia o próximo 28 de abril, con 10 cada un, mentres que En Común Unidas Podemos scaría só dous. C's, en cambio, conseguiría representación pola Coruña. Nin o BNG, nin En Marea, nin CxG acadarían representación en Madrid.

Así o recolle a enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia, que reflicte que o PP volvería gañar as eleccións en Galicia, pero cunha marxe estreita co PSOE e perdendo dous deputados en comparación coas eleccións de 2016, nas que obtivo 12.

No lado oposto situaríase o PSOE, que pasaría de 6 escanos fai tres anos a 10 o 28 de abril. A representación de Galicia no Congreso completaríase coa marca de En Común Unidas Podemos, impulsada tras a ruptura con En Marea que tería dous escanos para os seus deputados pola Coruña, Antón Gómez Reino, e por Pontevedra, Yolanda Díaz.

Esta primeira enquisa de Sondaxe outorga un deputado a C's, que chegaría á Cámara Baixa por segunda vez --conseguírao en decembro de 2015 pero non en 2016--, coa súa cabeza de lista pola Coruña, Marta Rivera da Cruz.

Por provincias, o PP deixaríase un deputado pola Coruña --de 4 en 2016 a 3 o 28 de abril--, o PSOE sumaría un --de 2 a 3--, En Marea perdería os dous que tiña e entrarían con 1 En Común Unidas Podemos e C's.

En Pontevedra, o PP mantedría os 3 representantes mentres que os socialistas subirían de 2 a 3, e obtería representación a deputada de En Común. En Lugo, o PP non rexistraría cambios, quedaría con 2 e o PSOE subiría de 1 a 2 á conta de En Marea. E finalmente en Ourense o PP perdería o seu outro escano e os socialistas sacarían 2, un máis que en 2016.

A formación Vox non conseguiría representación por Galicia, ao quedar nun 4,9% de porcentaxe. Tampouco o BNG podería volver ao Congreso, ao non superar o 4,2%.

VALORACIÓN DOS CANDIDATOS

Por outra banda, a enquisa da Voz tamén analiza a valoración dos candidatos e conclúe que ningún alcanza o aprobado. O mellor puntuado é o presidente do Goberno e candidato socialista Pedro Sánchez, cun 4,48 seguido de Pablo Iglesias cun 3,92.

Pablo Casado quedaría en terceiro lugar cun 3,61 seguido de Albert Rivera, cun 3,05. O líder de Vox sería o peor valorado de todos os candidatos ao non superar o 1,85.

Os enquisados por Sondaxe tampouco aproban o traballo do Goberno nin da oposición, aínda que o executivo socialista está por encima do 4 en todas as provincias galegas e Cidadáns supera ao PP en valoración, aínda que sen alcanzar ningún dos dous o 4.

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba
O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

9 Eusí

Ao BNG ninguén lle quita cando menos un deputado, só con ver os comentarios, redes sociais e público demóstrase aínda que aos madrilegos lles amargue. A polo segundo!

8 Gamela

era visto... (Mario López Rico debe estar encantado lendo as enquisas de CERNA!)

7 Jcc

Por que não vos pegais um tiro todxs xs opinologxs que fazeis comentários aqui. Sinceramente, o problema desta terra sois vós.

1 Flanderss

En qué lingua falas? Klingom?? Portugalega??? Podemimaeita????

6 RPG

Mentres a esquerda non faga auditorías nos concellos e denuncie ao alcalde que manda a operarios municipais ou de empresas concesionarias para asfaltar as eiras aos veciños ou podar as árbores do chalé, non hai nada que facer. O voto do PP non é urbano. E nos pobos teñen unhas redes clientelares, axencias de colocación, xestorías, etc. que me río eu do PER.

1 Mimadriña

Menudo fato de trapalladas. Sempre ca mesma matraca de pensar que os da cidade son máis listos que os da aldea.... Así vos vai e seguirá indo. Listos.

2 RFG

O voto ao PP non é urbano, ou é? E nas cidades non se coñece o caso de que o alcalde che mande a podar as árbores da finca, nin que che asfalte o camiño interior da urbanización. Os dos pobos non son santos, fan augas maiores e menores como os das cidades, onde tamén hai corrución, pero en ningunha cidade gaña un partido pola corrución que espallan. Nos pobos gaña o PP polas tramas clientelares que ten montadas.

3 Desiderio

O PP gaña, con menos distancia, tamén nas cidades, de xeito notable na Coruña (agás Montealto) e no centro rico de de Vigo. E o PsoE gaña pola montaña de Lugo. A clase social e a idade dos votantes explica tanto ou máis que a urbanización o conportamento. A tradición marca e a familia tamén. As redes clientelares non son exclusivas do PP (véxase as deputacións do PsoE e socios). O descoñecemento do país e o odio ao rural, con total ausencia de alternativas á desertificación, o abandono e os lumes, non axudan a que as alternativas de esquerdas e nacionalistas tenían apoio no rural.

5 uu1

Mais unha vez citaremos a Castelao “Non esquezamos que se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma.”, “Sendo galego non debo ser máis que galeguista.” para rematar para cando un “Partido Galeguista como abandeirado de tódalas reivindicacións da Nosa Terra...”