A Policía Local da Coruña saca da auga unha muller en estado ebrio na praia de Riazor

Os axentes introducíronse na auga ata os xeonllos para recuperar á muller e sacala fóra da auga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2019 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A Policía Local da Coruña sacou da auga a unha muller, de 45 anos, en estado ebrio, que se meteu no mar na praia de Riazor e á que arrastraran as ondas.

Ao redor das 09,10 horas da mañá deste sábado, a sala da Policía Local do 092 recibiu unha chamada na que os axentes foron informados de que unha muller se estaba introducindo na auga na praia de Riazor, fronte á rúa Pondal, e que podería perigar a súa vida debido a que o mar na zona presentaba unha importante ondada.

Ata o lugar desprazouse un vehículo que estaba nas proximidades, colaborando co equipo de atestados nunha alcoholemia. A muller presentaba dificultades para manterse en pé. Os axentes introducíronse na auga ata os xeonllos para recuperar á muller e sacala fóra da auga. Era unha muller de 45 anos, veciña da cidade, que foi atendida por unha ambulancia medicalizada no lugar.

Fíxose cargo dela a súa parella, que estaba nas inmediacións e que manifestou que tentou, sen éxito, que non se botase á auga. O home tamén estaba en estado ebrio, segundo a Policía Local. Posteriormente, e debido a que presentaba síntomas de hipotermia, a muller foi trasladada por outra ambulancia a un centro sanitario e quedou en observación.

Policía Local
Policía Local | Fonte: PL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta