O PSOE consegue unha vitoria histórica en Galicia

Os socialistas obteñen 10 escanos e sácanlle case 5 puntos ao PP en Galicia. Ciudadanos obtén os seus mellores resultados e derrota importante de Vox e do BNG que non cumpliron expectativas. Batacazo de En Marea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2019 | Actualizada ás 21:31

Comparte esta noticia

O PSOE gañaría as eleccións xerais en Galicia con case o 85% do voto escrutado. Os socialistas obterían 10 escanos, e o PP baixaría de 12 do 2016 aos 9 de 2019.

Pedro Sánchez agarraches a un acto de campaña do PSOE en Vigo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Pedro Sánchez agarraches a un acto de campaña do PSOE en Vigo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Con este resultado, os socialistas acadarían unha vitoria histórica en Galicia que o achegan as mellores épocas do PSOE de Felipe González. Pola contra, os populares recibirían un duro castigo. Baixarían máis de 13 puntos con respecto a 2016.

Pola súa banda, En Común Unidas Podemos obtería 2 escanos. Os electores castigarían tamén a formación de Iglesias en Galicia tras a ruptura de En Marea. Conseguría só a metade dos votos que acadou hai tres anos. Uns resultados que son testemuñais para En Marea.

Pola súa banda, Ciudadanos, con dous escanos, obtería o seu mellor resultado en Galicia. Con dous puntos máis que en 2015, e máis do 10% dos votos, sacarían escano en Pontevedra e A Coruña. 

Os grandes derrotados en Galicia, ademais do batacazo monumental de En Marea, serían Vox e o BNG. A formación de ultradereita e os nacionalistas obteñen pouco máis do 5% dos votos.

Escrutinio co 26%.
Escrutinio co 26%.

Pontevedra sería a provincia na que os socialistas vencerían con máis folgura. Alí sacarían tres escanos, fronte aos dous do PP e 1 de En Común e 1 de Ciudadanos.

Na Coruña, socialistas e populares repartirianse tres cada un, En Común outro e Ciudadanos outro. E en Lugo e Ourense, tamén habería reparto entre PP e PSOE con dous cada un.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Fran do Covelo

Fracaso histórico do nacionalismo galego. Os dirixentes xa tardan en asumir a derrota, e como responsables só hai unha saída: dimitir.

4 Digo eu

Con estes resultados ¿alguén pode soster que Galicia é unha nación?

1 Alpinista

E alguén pode sorter que Ana ou Luis son alternativa? Que podemos seguir apostando polo BNG ou por En Marea? Ou precisamos unirnos baixo unha NOVA marca, OUTROS líderes, DIFERENTES candidatos? A retirada digna da política profesional está petando na porta do BNG, da UPG, de En Marea, de ANOVA e de de Cerna. Pesará máis o negocio do partido e o vivir da política que o compromiso con Galiza?

2 nostrus

Pois claro que os que cren que Galicia é unha nacion seguirano crendo, igual que os que cren na Santisima Trinidade, porque non é cuestión de razón, sinon cuestion de fé. Pódese crer no reino de Deus, na nacion galega, nacion de Breogán, do lacon, etc. En cuestion de creencias non hai límite

3 Carmen Lastra

Ana Pontón, dimisión!!! Villares, dimisión!!! Consello Nacional do BNG, dimisión!!! Consello de En Marea, disolución!!! Os responsables de quedar por baixo de Vox deben pagar polo fracaso histórico!!! Os sorrisos, o orgullo e a euforia de Ana Pontón e acompañantes son un insulto para @s galeg@s!!! Até por baixo de cántabros, de Melilla, valencianos, canarios... Non permitamos que nos enganen nunca máis: os responsables do fracaso son os líderes e dirixentes!!!

1 Gamela

por baixo de Vox non quedaron de milagre... https://resultados.eleccionesgenera... Pero como verás case duplicaron os votos que tiñan en 2016... así que eles seguen contentos e nós mirando para Cuenca! Coma sempre! Por iso os galegos votaremos nas Europeas a Oriol Junqueras !!!

2 Sesky

Non entendo os sorrisos. O BNG subiu, si, pero queda fora do congreso. O de En Marea mellor nin comentalo. Fora UPG e todo o aparato!!! Disolución de En Marea!!! Xente nova e sen siglas detrás ao poder.

2 Gamela

EH Bildu 5 - ERC - 15 - BNG 0 (o mesmo apañarán nas Europeas!)

1 Gamela

Logo de tanta Marea volvemos ao Bipartidismo Rancio ? https://resultados.eleccionesgenera... Aprenderán algo estes espabilados? Lástima que Toné & Yolanda aseguren as nóminas!