Morre un insigne do galeguismo; Isaac Díaz Pardo

Aos 91 anos e cunha obra intelectual enorme morreu este xoves o pintor e ceramista Isaac Díaz Pardo. Unha figura clave para entender a supervivencia da cultura galega no franquismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/01/2012 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Isaac Díaz Pardo faleceu a primeira hora desta mañán en Santiago de Compostela, logo de semanas cun delicado estado de saúde. A súa última aportación ao mundo da cultura e da política foi unha carta que remitiu ao homenaxe de Xosé Manuel Beiras na que lamentaba non poder estar nese acto celebrado o pasado 17 de decembro.

None

 

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto en Compostela en 1920 e foi fillo doutro histórico do galeguismo Camilo Díaz Valiño, asasinado durante a Guerra Civil. Froito destas actividades coñeceu a Castelao; Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponche, e Vicente Risco. Participou desde 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. 

 

Despois da guerra, cursou estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando. A partir de aí, comezou a súa participación pública en diversas como en 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia. Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro (Europa e América).

 

Abandonou despois as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada), o que repite na Arxentina, onde construíu xunto con outros destacados galeguistas o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, a editorial Edicións do Castro ou o Seminario de Estudos Galegos. Precisamente,  nos últimos anos enemistouse cos seus fillos polo futuro de Cerámicas Sargadelos.

 

Ao longo da súa vida recibiu numerosos premios; a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995) e en 2009 a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, entre outras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

19 non debin de nacer

Paco Rodriguez está a anos luz de Isaac. Paco é o Pai da Pátria Galega que non deixará xamais que nos aportuguesemos.

18 Alfar

“O achegar-se a Portugal é o único que pode salvar o galego duma morte segura. Ou os que se laiam de que o galego morre têm outra fórmula para o defender? E com Portugal iríamos entrando num mundo de mais de cem milhões de galego-luso falantes”. (La Voz de Galicia, segunda-feira 14 de janeiro de 2002, artigo não recolhido no livro Isaac Díaz Pardo e a língua, 2008; a ele fez-se alusão na revista Agália, núms. 69-70, 1º semestre de 2002, p. 272). [...] “a diferença da fala da Galiza e de Portugal é só uma questão política arrolada num leito conjugal: a aproximação do galego à área a que pertence, como propunha Castelao, sem beatarias, ajudaria a multiplicar por cem a área de expansão que precisamos, não só a cultural, mas também a comercial, que é, igualmente, cultura”. (Isaac Díaz Pardo e a língua, 2008, artigo 4).

17 non debin de nacer

Nada comparábel a Paco Rodriguez, o Pai da Pátria Galega. Sempre teño que andar puntualizando, qué castigo este. Ademáis Paco deulle e quitoulle de comer a moita xente.

1 Cebolo

Igual o que tiñas que facer e pechar o pico un pouco e deixar aos maiores razoar. Ti mellor le e deixa as cousas serias para os demais. Ala, vai durmir.

2 Bruar

Para "non debin de nacer": es un miserable, aprobeitas o que sexa para tirar aquí o teu esterco. Ti es un carroñeiro.

16 Gornal

Tremendo copia/pega da wikipedia!

15 Hamlet

Dicia que lle gostaría ser arquitecto, e abofé que o foi, o Grande Arquitecto da industria do deseño, da cultura, do país, dunha vida sempre fiel a sí mesmo e á identidade do seu país....un exemplo de autenticidade.

1 JKR

Bonita homenaxe.