Morre un insigne do galeguismo; Isaac Díaz Pardo

Aos 91 anos e cunha obra intelectual enorme morreu este xoves o pintor e ceramista Isaac Díaz Pardo. Unha figura clave para entender a supervivencia da cultura galega no franquismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/01/2012 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Isaac Díaz Pardo faleceu a primeira hora desta mañán en Santiago de Compostela, logo de semanas cun delicado estado de saúde. A súa última aportación ao mundo da cultura e da política foi unha carta que remitiu ao homenaxe de Xosé Manuel Beiras na que lamentaba non poder estar nese acto celebrado o pasado 17 de decembro.

None

 

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto en Compostela en 1920 e foi fillo doutro histórico do galeguismo Camilo Díaz Valiño, asasinado durante a Guerra Civil. Froito destas actividades coñeceu a Castelao; Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponche, e Vicente Risco. Participou desde 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. 

 

Despois da guerra, cursou estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando. A partir de aí, comezou a súa participación pública en diversas como en 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia. Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro (Europa e América).

 

Abandonou despois as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada), o que repite na Arxentina, onde construíu xunto con outros destacados galeguistas o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, a editorial Edicións do Castro ou o Seminario de Estudos Galegos. Precisamente,  nos últimos anos enemistouse cos seus fillos polo futuro de Cerámicas Sargadelos.

 

Ao longo da súa vida recibiu numerosos premios; a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995) e en 2009 a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, entre outras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

14 xan soares

Un grandísimo exemplo máis de galego que amaba galicia. Ademáis diso un artista capaz de facer arte, empresa e cultura a un tempo. Istas son as voces que debíamos escoitar na televisión e nos xornais. Precisamos de máis xente así.

13 lavesedo

Unha mágoa, aínda que moitos asinariamos por chegar aos 91 anos coa forza e ilusión dun neno, como fixo el.

12 Antón

Cando morrese no colo da Patria agradecida, comenza ao fin, co morrer, a propia vida.

1 Galego do común

Antón, moitas grazas polo teu comentario. Dá forza. É positivo e absolutamente imprescindíbel nestes tempos.

11 Galeguista

Unha pena que os Manoliños, CranioF, e demais trapallada cipaia de Galiza non morra e se vaian os bos e xenerosos

1 petitgiardino

Que patético es, meu!!!

2 Galeguista

Firma co teu nome real cipaio cobarde e déixate de caralladas

3 CranioF

Orgulloso de ser cipaio, iso para empezar. Parece que non sabes nada do señor ao que louvas, el nunca diría semellante mongolez. Ponte a catro patas que che dou.

4 Galeguista

Ti debes pensar que haber recibido por detrás dos españois dache dereito a darnos aos galegos de ben. O que non se entera de nada esti paspán (por certo, o de mongol como insulto retrata a túa estupidez). Isaac dicía alto e claro que Galiza era unha nación, igual que Castelao e os demais galeguistas. Deixade de usar a demagoxia poñéndolle frores para recordalos e facédelles caso se é que de verdade os admirades.

10 Urdangarín

E con el morre Sargadelos. Foi, se cadra, o derradeiro galeguista que sinceramente pensou que o PSOE podía ser galeguista. O de Leiceaga é outra cousa.