La Caixa planea mercar Novagalicia Banco

O grupo catalán comeza os contactos co Goberno do Estado para facerse co 93% da participación pública en NCG. A operación significaría a morte definitiva do sistema financeiro galego. Castellano resístese, apoiado nun contrato firmado co Executivo ZP.

Por Walter Burns | Santiago | 05/01/2012 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

La Caixa xa comezou os contactos co Goberno Central para facerse coa participación pública en Novagalicia Banco (NGB). Así o confirmaron hoxe a GC varias fontes do sector financeiro consultadas antes os persistentes rumores do comezo das negociacións.

A operación realizaríase a través de Caixabank, o banco creado por La Caixa tras a primeira fase de fusións bancarias. A intención de Caixabank é mercar a entidade galega antes do verán.

A viabilidade da operación depende  do que pida o Banco de España polo 93% de Nova Caixa Galicia (NCG), a entidade salvada polo estado tras ser arrastrada á quebra pola crise e os pésimos investimentos no ladrillo dos xestores de Caixa Galicia e Caixanova.

Con todo, non parece que o Goberno Central se vaia por moi esixente a tal altura. O presidente Mariano Rajoy anunciou na súa investidura a súa intención de completar o proceso de fusións bancarias en seis meses. Na súa opinión, é a debilidade dos bancos o que estrangula o crédito as empresas e impide a creación de emprego.

Tampouco Alberto Nuñez Feijóo, presidente da Xunta, desbotou a posibilidade dunha nova fusión, malia que isto significaría na práctica a morte definitiva do sistema financeiro galego e Feijóo sempre prometeu que o país conservaría unha entidade solvente de seu.

None

Castellano contra as cordas pero cun as na manga

Os plans de La Caixa chocan coas intencións de José María Castellano, artífice do NCB e no seu día presentado pola Xunta como o salvador da galeguidade da entidade. Castellano fracasou polo de agora na captación de capital privado necesario para recomprar ese 93% agora en cartos públicos. O ex-número dous de Inditex só captou 70,4 millóns dos 150 que dicía podía conseguir na primeira fase. Grandes fortunas galegas, como Amancio Ortega, mantivéronse á marxe.

Con todo, Castellano dispón dun contrato co Estado que lle dá preferencia para mercar até o 20% da participación do FROB até o 30 de setembro. Noutras palabras, Castellano ten garantido prazo até esa data para captar novo capital que faga viábel a entidade.

De querer o Estado vender antes de outubro, cómpre que La Caixa, ou outro comprador (no seu momento falouse do Santander), pacten co empresario coruñés.

Buscando 430 millóns

A outra vía de salvación para Castellano, e de paso da posición política defendida até hoxe por Feijóo, é que finalmente se capten cartos dabondo de investidores privados e así evitar a poxa dese 93% que ten o Estado. 15 de marzo, 15 de xuño e 15 de sembro son os prazos previstos para ir anunciando o volume total novas captacións de capital.

Canto necesita xuntar Castellano para non perder o control de NGB ? Aproximadamente uns 500 millóns de euros. É dicir, 430 máis do que captou dende que chegou a NCN. Unha cifra enorme tal e como está a economía mundial e que, segundo as fontes consultadas,  fai irremidiábel unha poxa ou unha venda da participación pública a outra entidade.

La Caixa está moi interesada en NCG pola súa ampla rede de sucursais, que lle permiten controlar máis do 40% do negocio minorista en Galicia e nas provincias limítrofes.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

10 Jose Manuel

O ótimo para todo galego e galega que se preze....CAIXA RURAL GALEGA: Sociedade Cooperativa de Crédito Galega Limitada. E crescendo ano a ano.

9 Carlos

¿É legal que o Estado teña dado preferencias de compra a un particular? O Estado español é unha desfeita.

8 Gamela

A ver se imos repetir a fazaña de Galeuscat agora vía financieira? Semella que algúns están encantados de seren absorvidos por capital catalán (ainda co diñeiro nunca ten patria!) Xa que ninguén aposta un peso polo futuro de Galicia habería que ir pensando en SUPRIMIR as prebendas dos chamados netos da emigración galega -especialmente en américa- e se queren facer negocios que os fagan directamente con Catalunya se teñen tanto medo a investir no futuro de Galicia! E do resto deste culebrón cada quen saberá o que debe facer cos seus cartos... pero máis negocios á nosa conta NON GRACIAS!

7 León Gallego

En cuanto lo hagan, me llevo el dinero, la nómina y la hipoteca a Bankia o al BBVA. Con los nazionalistas catalanes ni agua.

1 bruar

Non esperes,faino xa. Si mo permítese, leva os teus cartos para caja españa ou bankia. Grazas

2 Chuzos de Ponta

Não perdas o tempo León. Faz uma doação de todos os teus bens à Fundación Francisco Franco fica por fim com a cabeçinha descansada.

6 Bruar

Brincadeira: polo que parece vou ser duas veces cliente de La Caixa! Como só traballo con entidades coas que poida escoller o galego como lingua vehicular; son cliente antiguo de CaixaGalicia e máis tarde de CaixaNova cando adaptou o sistema para a escolla tamén en galego.