Investigan a un home en Carballeda de Valdeorras ao provocar un lume tras unha queima autorizada

Por E.P. | OURENSE | 08/05/2019 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense informou este mércores da investigación aberta a un home de 68 anos como presunto autor dun incendio forestal no municipio de Carballeda de Valdeorras.

En concreto, o Seprona de Ourense tomou declaración como investigado a B.A.A., de 68 anos e veciño de Carballeda, pola súa suposta implicación nun incendio forestal por imprudencia grave, tras escaparse unha queima autorizada.

Segundo a información da Garda Civil, o incendio tivo lugar o pasado 29 de abril na Medua, en Carballeda de Valdeorras, e afectou a 0,2 hectáreas de monte baixo.

Unha queima provocou un lume
Unha queima provocou un lume | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta